Educación físicaPLAN PROXECTA : MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICAO Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores. Dentro deste plan está MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA. Mediante a actividade física como recurso, abarcáronse algúns dos contidos de Coñecemento do medio en 5º curso de primaria. ( categories: )
Máis e mellor actividade físicaEnviado por andujar o Mér, 03/07/2013 - 22:37
Este curso participamos no Plan Proxecta en varias actividades, unha delas foi "Máis e mellor actividade física" levada a cabo cos alumnos/as de 5º de primaria. O obxectivo foi impartir contidos de Coñecemento do medio utilizando a actividade física como medio de desenvolvemento dos contidos comúns entre Educación Fisica e Coñecemento do medio empregando como ferramenta de traballo a actividade física e o movemento. Estes contidos traballáronse interdisciplinarmente, coa colaboración do profesorado de ambas áreas, de forma simultánea, nunha das horas lectivas de Coñecemento do Medio.
( categories: )
Deporte Escolar (Campo a través)Enviado por admin o Mér, 03/07/2013 - 13:01
Fase zonal de campo a través dentro da actividade de Deporte Escolar 2012-2013. Podedes ver fotos do día do campo a través que se levou a cabo na antiga Azucreira en Portas. Participaron alumnos/as dende 2º ata 6º de primaria. Como podedes ver o día non era o desexado, pero non foi un problema para os alumnos. ( categories: )
Máis e mellor actividade físicaEnviado por admin o Mér, 03/07/2013 - 12:45
PLAN PROXECTA
Power point e dous videos explicativos de xogos inventados por alumnos/as de 5º de primaria relacionados coa prehistoria dentro do proxecto "Máis e mellor actividade física" sentímolo, flash non está dispoñible. ( categories: )
Móvete +Enviado por admin o Mér, 03/07/2013 - 12:28
Actividade para realizar máis e mellor exercicio físico nas horas de lecer. sentímolo, flash non está dispoñible. ( categories: )
|