Educación física

EDUCACIÓN FÍSICA 1º e 2º (Semana do 4 ao 10 de maio)

EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º _ XOGOS TRADICIONAIS

(Semana do 4 ao 10 de maio)

 

Esta semana vamos a recordar algúns xogos tradicionais de Galicia.

Os xogos tradicionais son aqueles que se transmiten de xeración en xeración, por iso o primeiro que debedes realizar é unha pequena ficha sobre un xogo ao que xogaba algunha das persoas maiores coas que vives.

Escribe nunha folla os seguintes datos e cúbreos:

Nome e curso:

Nome do xogo:

Materiais necesarios:

Explica como se xoga (regras, lugar onde se xoga,…):

Foto ou debuxo xogando:

Cubre estos datos nunha folla, sácalle unha foto e envíama de volta.

 

Agora vamos a realizar un pouco de exercicio físico:

-          Comezamos quecendo os músculos coa música “Brinca Vai!” de Paco Nogueiras:https://youtu.be/jI7f65ZWfm0

 

-          Logo practicamos algún xogo tradicional. Escolle os que queiras:

o   Mariola: https://youtu.be/RvnjOwGB3Mo

o   Saltar á corda: https://youtu.be/DgIuBRU2a-c

o   Sete e medio: https://youtu.be/a62gY2-SC20

o   Xogos coa goma, por exemplo “Chicle”: https://youtu.be/8ZnljrmaUks

o   As chapas: https://youtu.be/qD-vM89phsE

Escríbeme ou envíame unha foto do que máis che gustara.

 

-      Por último, relaxámonos facendo un pouco de ioga. (Lembrades que na clase de emocional estabamos traballando a atención e unha das cousas que faciamos era ioga. O ioga sérvemos para concentrarnos, mellorar a atención, traballar o equilibrio, e moitas cousas máis). A ver se es capaz de facer todas estas posturas: https://youtu.be/u0vTvMh1I04

Escolle unha das postura de ioga, saca unha foto facéndoa e envíama de volta.

 

Saudiños, saúde e móvete moito!

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL (Semana do 4 ao 10 de maio)

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL _ XOGOS TRADICIONAIS

 

(Semana do 4 ao 10 de maio)

 

 

 

Esta semana vamos a recordar algúns xogos tradicionais de Galicia.

 

Comezamos quecendo un pouquiño. Como estades traballando sobre o “polo Pepe” imos a xogar ao xogo do “polo”. Lémbraste como é:

 

-          Opción fácil: https://youtu.be/bFN37KKahgA

 

-          Opción menos fácil: https://youtu.be/1x062p2xIsM

 

 

 

Agora seguiremos practicando algún xogo tradicional. Escolle os que queiras e pásao moi ben:

 

-          Mariola: https://youtu.be/RvnjOwGB3Mo

-          Sete e medio: https://youtu.be/a62gY2-SC20

-          As chapas: https://youtu.be/qD-vM89phsE

-          Saltar á corda: https://youtu.be/DgIuBRU2a-c (Para Infantil os xogos do final do vídeo: o reloxo, a serpe ou, o alumnado de 4 e 5 anos poden saltar se hai 2 persoas para darlle á corda, xa que a maioría xa é quen de saltar así).

-  

 

 

Por último, relaxámonos. Podes realizar os estiramentos da semana pasada (https://youtu.be/YH9Q82EWsbs) ou intentar facer estas posturas de ioga: https://youtu.be/u0vTvMh1I04

 

 

 

Saudiños, saúde e móvete moito!

 

 

EDUCACIÓN FÍSICA 3º e 4º (30 de abril)

EDUCACIÓN FÍSICA 3º E 4º

(Clase do 30 de abril)

 

Nesta sesión imos a rematar coas actividades relacionadas coa “muiñeira hip hop”.

 

Comezamos quecendo:https://youtu.be/IH2ZbU2i9qI  (Imítame para quentar os músculos e prepararnos para os exercicios)

 

Agora vamos a facer equilibrios e xiros:

-         Equilibrio 1: https://youtu.be/GI944XCTL3E  (Imítame e se podes grava un vídeo e envíamo de volta).

-         Equilibrio 2: Inventa un equilibrio e envíame un vídeo, se podes.

-          Xiro 1: https://youtu.be/cmNNkkTxqmc  (Imítame e se podes grava un vídeo e envíamo de volta).

-          Xiro 2: Inventa un xiro e envíamo, se podes.

Tes ata o 5 de maio para enviarme os vídeos.

 

Por último, estiramos un pouco. Sígueme! https://youtu.be/qft7Spb5KG4

 

 

Saúdos, saúde e móvete moito!

Carmen

 

 

 

Distribuir contido