Adxunto | Tamaño |
---|---|
Pinguiñas 23-24.pdf | 115.05 MB |
O 21 DE XUÑO LEVAMOS A CABO UN ACTO QUE QUIXEMOS COMPARTIR COAS FAMILIAS E QUE ESTIVO CARGADO DE MOMENTOS MARABILLOS E EMOCIONANTES:
- "O MUSICAL DO REI LEÓN"
- A GRADUACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL
- A GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
- A ENTREGA DE DIPLOMAS DA FESTA DAS PALABRAS
- ENTREGA DE DIPLOMAS DO CONCURSO DE POESÍA CABADA VÁZQUEZ
AGARDAMOS QUE O DESFRUTARADES!
FELIZ VERÁN PARA TODAS E TODOS!
Desde o Departamento de Cultura do Concello de A Estrada convidáronos a participar por terceiro ano consecutivo en “Dinamiza TV”, un programa de televisión protagonizado por centros de educación primaria e secundaria do Concello de A Estrada.
O noso centro participou a través de catro seccións diferentes:
a) “Vai unha historia” : o Entroido.
b) “En xogo”: o alumnado de 3º de educación primaria fixo unha mostra do uso do ioió.
c) “Cine en Galicia”: entrevista á actriz Cristina Collazo.
d) Recomendación lectora: o alumnado do club de lectura recomendará o libro “ A marabillosa medicina de George”.
Os nosos agradecementos a Paula e a Lucas pola gravación e montaxe!
Deixámosvos aquí o programa.
Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán. Desfrutade da lectura.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
TRÍPTICO 23-24 (9).pdf | 3.97 MB |
O pasado 22 de maio, tivo lugar A XI Festa das Palabras no Teatro Principal de A Estrada, acto organizado polos
Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros de ensino da Estrada, Dinamizaestrada e que coroa un
concurso literario desenvolvido ao longo de varios meses.
Para o "XI Concurso de Micropoemas e Microrrelatos" os nosos autores e autoras tiveron que crear mcrorrelatos
coa palabra "MÚSICA" e micropoemas coa palabra "SILENCIO", palabrasque aparecen nos títulos das obras de Luísa
Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano.
Os gañadores e gañadoras do noso centro nesta edición foron:
- NOA, XIAN e IVÁN (micropoemas)
- CIBRÁN, IRENE e LARA (microrrelatos)
Noraboa a todos eles polos seus fermosos traballos e tamén os nosos agradecementos ao alumnado de infantil por
participar cos seus debuxos ilustrando as dúas palabras "MÚSICA" e "SILENCIO".
O pasado 28 de maio todo o alumnado e profesorado de educación infantil e primaria participou no Correlingua organizado
en A Estrada e no que participaron centos de alumnos de diversos centros da nosa contorna.
Baixo o lema "Dende aquí até acolá, galego xa!" percorremos as rúas de A Estrada uníndonos a esa carreira en prol da nosa
lingua para reivindicar o dereito de medrar en galego e garantir o seu uso no futuro.
Esta xornada tamén tivo outros momentos importantes como a lectura do manifesto do Correlingua na voz da "galetiktoker"
Leti da Taberna; a actuación do grupo "Gramola Gominola" ; a entrega de diplomas e agasallos para cada centro educativo
participante e a solta de globos.
Deixámosvos aquí unha pequena mostra dos numerosos carteis elaborados polo alumnado do noso centro para sumarse a
esta iniciativa e que os acompañaron durante toda a xornada, así como do diploma e libros que recibiu o noso centro por
participar no Correlingua 2024 e que estarán dispoñibles para todos vós na biblioteca do noso centro.
Hoxe Alejandra (2º EP) e Samu ( 4º infantil) compartiron no Recuncho da Lingua de Radio Estrada dous podcasts
gravados xunto cos seus compañeiros na nosa radio escolar "Radio Codeseda" co fin de homenaxear e coñecer a figura
de Luísa Villalta.
Poderedes escoitalos a partires do minuto 35:51 premendo na imaxe.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |