Fomento da lectura

Recomendacións lectoras verán 2022

 

Aquí podedes consultar as recomendacións lectoras dos centros Plambe da Estrada. Que desfrutedes dun bo verán acompañados e acompañadas destas lecturas seleccionadas con moito coidado, esperando que sexan do voso agrado.

MOCHILA VIAXEIRA INFANTIL B.

O xoves 24, DÍA DA BIBLIOTECA, entre outras actividades inician a súa andaina as MOCHILAS VIAXEIRAS deste curso.

 

Premendo AQUÍ ou no arquivo adxunto podedes consultar o contido da mochila da aula de infantil B, a modo de exemplo.

 

Un saúdo.

 

Liatantoscontos

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES

Ola amig@s!

Como xa sabedes, este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a Carlos Casares, autor de numerosas obras infantís e gañador de diferentes premios literarios. Na aula de 3 e 4 anos quixemos celebralo por todo o alto coa lectura do seu conto "A galiña azul", unha pequena historia sobre unha curiosa galiña que non todos aceptaban por ser diferente ás demais.

Para nós foi moi importante reflexionar sobre as nosas diferenzas, xa que resulta fundamental entender que non somos mellores por ter os ollos azuis, verdes ou marróns, nin por ter a pel máis clara ou máis escura (ao igual que no conto, no que se nos fai ver que unha galiña azul é tan válida coma as demais).

Ademais, aproveitamos a ocasión para deseñar as nosas propias portadas do libro, nas que debuxamos á galiña protagonista do conto. E tamén pintamos con acuarelas as galiñas veciñas.

Que sorte poder compartir historias tan bonitas coma esta da man de autores galegos!

 

 

 

 

MOCHILA II

 

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º COMENZAMOS A NOSA ANDAINA POR UNHA NOVA MOCHILA VIAXEIRA ,QUE ESPEREMOS QUE SEXA DO NOSO AGRADO E NOS LEVE A UN MUNDO DE ILUSIÓNS.IMOS DISFRUTAR COA PINTURA ,A MÚSICA O INGLÉS, AS MATEMÁTICAS E POR SUPOSTO COA POESÍA.

PEQUECIENCIA NA BIBLIOTECA

Como sabedes, no centro celebrouse recentemente o "DÍA DA CIENCIA EN GALEGO", no que se organizaron diversas actividades e exposicións. No caso dos nenos e nenas de 3 e 4 anos tamén acudimos á biblioteca e alí descubrimos unha serie de libros cos que documentarnos sobre o tema que estamos a traballar na aula: O CORPO HUMANO. Foi unha sesión chea de curiosidades e, por suposto, de moita ciencia!

 

 

 

Un doce Samaín

Ola a todas e a todos,imos seguir engadindo noticias á nosa páxina para que poidades compartilas con nós.

Os alumnos de 5º de primaria ,dedicaron estes días a recompilar receitas elaboradas con productos típicos de este tempo ,e como non podía ser menos...."EN FEMININO" , é dicir, dadas polas nais,tías,avoas,madriñas,etc. en definitiva "MULLERES" ,que é como ben sabedes o noso tema central para este curso.

 

Aí vos quedan algunhas imaxes da súa exposición no festival de hoxe, as receitas  e como non podía ser menos unha torta traída por unha alumna de 5º cocoa forma da nosa mascota  "LIATANTOSCONTOS".

 

 

     

                       

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet