Marzo 2022

Rosalía en Radio Estrada

Desde este ano, o día de Rosalía celébrase o 23 de febreiro por recentes achádegos da súa biografía que así o confirman. Para darlle a súa merecida homenaxe, aceptamos gustosamente a invitación que desde Radio Estrada e sobre todo Pilar Bernárdez no seu día nos fixo. Acudimos o propio día para participar xunto a outros centros da Estrada e levarlle a nosa versión da presenza de elementos da natureza silvestre na obra de Rosalía. Encargáronse tres rapazas da aula de 5º de primaria, Danna, Jamila e Fátima.  Fixérono tan ben que convidámosvos a que desfrutedes co seguinte audio da súa intervención.

 

"Mulleres Valentes" con Rosa de Cabanas

Este curso, para conmemorar o día da Muller Traballadora (8 de marzo), tivemos a sorte de que Rosa Herráiz, Rosa de Cabanas para moita xente, aceptase a nosa invitación e viñese ao centro a presentar un fermoso traballo seu. Do 3 ao 17 de marzo, estará exposto na Casa das Letras da Estrada, unha exposición de 52 retratos de mulleres de relevancia en diferentes eidos que a autora elaborou o pasado ano, un por cada semana e usando diferentes técnicas gráficas.

A importancia da exposición garda moita relación coa necesidade de dignificar e divulgar as aportacións destas grandes creadoras, e poder comprender as dificultades e inxustas discriminacións que tiveron que sufrir ao longo das súas vidas profesionais.

                                               MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet