ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24-25XA ESTÁN NO TABOLEIRO DO CENTRO PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 24-254º DE INFANTIL: TODAS AS SOLICITUDES ADMITIDAS 1º DE ED. PRIMARIA: TODAS AS SOLICITUDES ADMITIDAS 2º DE ED. PRIMARIA: TODAS AS SOLICITUDES ADMITIDAS 4º DE ED. PRIMARIA: TODAS AS SOLICITUDES ADMITIDAS 23 de abrilPara conmemorar o día do Libro que mellor xeito que con postais decoradas por nós e con textos de Luísa Villalta. Clica na imaxe para poder ver o vídeo.
No curso de 2º tivemos a sorte de contar con familias para lernos un libro. Grazas Familias!
( categories: )
Día da Educación Física na RúaEnviado por jairo o Xov, 18/04/2024 - 16:14
Este martes 16 de abril celebramos o Día da EF na Rúa. Baixo o lema de “A Educación Física e saúde mental”, o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi á praza do concello para realizar unha sesión de Educación Física alí, co obxectivo de concienciar da importancia do exercicio físico na nosa saúde tanto física como social e mental. A esta celebración acudiron nenos e nenas de distintos coles e institutos da comarca. O noso alumnado estivo durante esta sesión xogando cos rapaces/as do CEIP Manuel Villar Paramá, de Vea.
Foi, sen dúbida, unha das mellores sesións de Educación Física que tivemos durante o curso. Pasámolo xenial, coñecemos a compañeiros/as doutros coles e visibilizamos a importancia do deporte no día a día. Todo un éxito!!!
Saímos na prensa https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2024/04/17/gimnasio-pared...
( categories: )
DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIA SOBRE O AUTISMOO Día Mundial do Autismo celébrase cada ano o 2 de abril e hoxe queremos recuperar e compartir con toda a comunidade educativa a curtametraxe animada "ROMPECABEZAS" versionada ao galego no curso 20-21 por alumnado de 4º de primaria.
O lema deste ano é AUTISMO PRETO DE TI O alumnado de 1º e 2º uníuse baixo o mesmo lema para conmemorar este día.
|