Neste curso, modificamos o Proxecto Lector.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PROXECTO LECTOR.pdf | 313.16 KB |
Neste curso, modificamos o Proxecto Lector.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PROXECTO LECTOR.pdf | 313.16 KB |
ESTE TRABALLO FOI REALIZADO POR JAMILA E PAULA DE 6º, XUNTO CO ALUMANDO DE 1º E 2º DE PRIMARIA. A MÚSICA ESTÁ INTERPRETADA POLOS ALUMANOS DE 6º ACOMPAÑADOS AO CLARINETE POLA SÚA MESTRA DE MÚSICA IRENE.
O día 10 de marzo deu comezo a actividade " As familias contan" que implica a participación das familias para a lectura de contos na aula de infantil. Esta iniciativa resultou ser un éxito e contou cunha gran acollida por parte de todos e todas.
Neste curso desde o equipo de biblioteca do centro decidiuse por ofrecer unha proposta novidosa para conmemorar o mes do libro. Como se pode ver no cartel que se adxunta, aparecen catro actividades durante este mes.
|
O 17 de abril contamos coa visita de María Canosa quen nos contou algúns dos seus secretos á hora de escribir.
O 21 de abril o alumnado de 3º e 4º compartiron lecturas cos máis pequenos do cole.
Neste mes deron comezo os apadriñamentos lectores, polos cales cada neno ou nena de infantil ou 1º e 2º terán un padriño ou madriña que todas as semanas lles lerá un libro.
COMO PRODUTO FINAL DO NOSO PDI " AS NOSAS AVES", NESTE SEGUNDO TRIMESTRE, O ALUMNADO DE 3º/4º E 5º/6º, PROFUNDIZARON NO ESTUDO DAS NOSAS AVES E ELABORARON AS PREGUNTAS PARA O TRIVIAL. UNHA BOA FORMA DE APRENDER E DIVERTIRSE, Á VEZ.
O ALUMANDO DE 1º E 2º LEVOU A CABO UNHAS FANTÁSTICAS MANUALIDADES.
Para celebrar o 8 de marzo, día da muller, este ano decidimos que tiñamos que darlle visibilidade a un traballo que sobre mulleres relevantes ao longo da historia fixeron oito grupos de alumnado de primaria. Como acto importante dese día, cada grupo presentoulle ao resto do alumnado a muller que ao seu grupo lle fora encomendada, e que asemade, servirá para darlle nome a cada unha das aulas do noso centro. Este ano xa comezamos por darlle nome á aula de música, agora chámase Aula Andrea Porto, integrante da Banda da Loba e que xa nos visitou no novembro pasado. A idea é darlle continuidade e poder poñerlle ás nosas aulas o nome de Xela Arias, Maruxa Mallo, Marcela e Elisa, María Pita, Ángeles Alvariño, Pepa a Loba ou Emma Ríos, xa que todas elas foron as protagonistas na nosa xornada de celebración do pasado 8 de marzo.
O 18 de xaneiro levamos a cabo a actividade sobre as aves para o segundo trimestre. Contamos con Alouette machine.
Alouette Machine é unha imprenta itinerante que traballa coa Tipografía, recuperando esta técnica artesanal mediante obradoiros e mostras de como funciona. Traballamos «Os superpoderes das aves», coa
- elaboración de carteis e postais.
- afondar no coñecemento das aves que nos rodean.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |