LETRAS GALEGAS 2024

As Letras Galegas sempre supoñen un punto importante deaprendizaxe para o alumnado. Nesta edición, a Editorial Galaxia proporcionoulles a cada neno e nena de 3º a 6º de EP o libro “O violino de Luísa” que nos serviu como punto de partida para coñecer a autora homenaxeada: Luísa VillaltaPosteriormente, o alumnado de 1º a 6º asistiu ao Teatro Principal da Estrada para participar nunha representación de dito libro. A autora, xunto co seu compañeiro, animaron ás pequenas e pequenos a cantar e bailar con eles divertidas cancións que ata os fixeron levantar do asento! 

Xa no centro, os libros de expurgo da biblio servíronnos para crear este fermoso mural coa técnica de mosaico da autora homenaxeada, que agora adorna a entrada do cole

 

Finalmente, todo o alumnado tivo que superar unha misión: xogar, por equipos mixtos, á CAZA DO TESOURO! O premio? Uns pins de violín creados, deseñados e impresos coa impresora 3D do cole!

 

 Os grupos estaban compostos por alumnos desde os tres anos ata os maiores, e todos foron indispensables para pasar as probas: escribir en braille, construír figuras, xogar ao pasapalabra, identificar sons, ordenar as mulleres homenaxeadas ao longo dos anos...

 

A finalidade da actividade era coñecer a vida e obra de Luísa Villalta a través dos carteis que nos foran entregados da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Queredes ver as actividades? Dentro vídeo!

 

 

 

 

 

I Encontro de Centros Escolares no CMUS

O 26 de abril, todo o alumnado do noso centro, acompañado polo profesorado, participou no I Encontro de Centros Escolares

no CMUS compartindo a xornada co CPI de Vedra e alumnado do propio conservatorio.

Iniciou o acto o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de educación primaria bailando a ritmo de "Zimbolé". Seguidamente o alumnado de

5º e 6º representou "Durmindo está o león" combinando obra musical, obra teatral e danza. (Podedes velos no seguinte vídeo)

A xornada continuación amenizada polo alumnado do propio conservatorio e do CPI de Vedra.

Foi unha mañá moi especial e agardamos que se poidan continuar con este tipo de encontros nos vindeiros anos!

 

 

 

PARTICIPACIÓN NO VI CONCURSO DE PODCAST- RADIO NA BIBLIO

Este ano o noso centro participou no VI Concurso de Podcast – Radio na biblio con dous podcasts homenaxeando a  Luísa Villalta.

 

- O alumnado de infantil quixo facerlle tamén homenaxe pasando pola súa biografía e recitando un fermoso poema.

 

- O alumnado de 2º simulou unha entrevista á autora homenaxeada este ano no día das letras galegas.

 

 

 

 

 

23 de abril

Para conmemorar o día do Libro que mellor xeito que con postais decoradas por nós e con textos de Luísa Villalta.

Clica na imaxe para poder ver o vídeo.

 

 

No curso de 2º tivemos a sorte de contar con familias para lernos un libro. Grazas Familias!

 

Presentación "NO BICO DO VENTO" de Charo Golmar

Irune e Alejandra, alumnas de 2º de EP, asistiron á presentación do poemario "No bico do vento" de Charo Golmar no

MOME (A Estrada), co fin de ler un dos seus marabillosos poemas e que leva por título "PRIMAVERA".

Invitámosvos a ver este vídeo para escoitar o poema que representaron.

 

Día de Rosalía (23 de febreiro)

O venres  23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro cun acto no que participou todo o alumnado.

Para esta actividade contamos coas seguintes actividades:

 

Biografía e recitación de poemas por parte de Sofía (4ºEP), Mateo (5º EP) e Lía (5ºEP).

Recitado de poemas coa canción Negra Sombra : Paula (6ºEP) e Xián (3ºEP)

Obra de teatro "Os Poemas do Río" de Cristina Soilán Corral : alumanado de 2º EP

 

Invitámosvos a vivir de novo este acto a través deste vídeo.

 

Día de Rosalía (Teatro Principal)

O xoves 22 de febreiro tivo lugar no Teatro Principal un acto organizado polo Departamento de Cultura do Concello de A Estrada co fin de conmmemorar o Día de Rosalía de Castro.  Paula (6º EP) e Xián (3ºEP) participaron neste acto recitando dous poemas de Rosalía de Castro "Cando penso que te fuches" e "Cando era tempo de inverno".

Deixámosvos aquí un vídeo onde poderedes velos.

 

 

 

Neste acto tamén se fixo público o vídeo do poema "O pelouro que roda" de Rosalía de Castro, versionado pola Banda da Loba e no que participou o noso alumnado xunto con outros centros educativos.

 

 

 

 

 

FESTIVAL DE ENTROIDO 2024: O REI LEÓN E MÚSICA AFRICANA

Como xa sabedes, os protagonistas deste festival, tanto alumnado como profesorado, traballaron moito os días previos na elaboración

de máscaras, rabos, orellas, etc co fin de caracterizar as personaxes do Rei León.

Deste xeito Simba, Nala, Rafiki, Zazú, Mufasa, Timón, Scar e Pumba saíron desfilar acompañados de xirafas, leóns, cebras, guacamaios, panteras,

gacelas, elefantes e monos.

A  continuación, todas estas personaxes colocáronse en círculos respetando o seu nivel educativo para representar a canción “Amawelé, Amawelé”.

 Seguidamente, o alumnado de primaria a través de ritmos africanos representou as seguintes danzas:

 -        Funga Alafia (1º e 2º de educación primaria): canción e danza de saúdo extendida por todo o oeste de África (Nixeria, Liberia, Senegal, Ghana...) Alafia é un saúdo e Ashe significa algo equivalente a "que teñas saúde e paz".

 -        Zimbolé (3º e 4º de educación primaria): canción africana, posiblemente de Suráfrica.  É unha canción moi sinxela pero  está chea de optimismo e enerxía. O seu significado é PAZ.

 -        Kwaheri (5º e 6º de educación primaria): Esta danza de Kenia significa "adeus" e está en suajili (unha lingua bantúe). Recibe este nome por tratarse dun canto ós que se foron e xa non van volver.

Para finalizar a xornada, o alumnado invitou ás familias a bailar con eles a canción que iniciaba o festival e formando unha gran roda ao son de “Amawelé, Amawelé”, unha gran parte da comunidade educativa do CEIP Cabada Vázquez desfrutou desta danza.

A festividade continuou con minutos de baile para alumnado, profesorado e familias.

DEIXÁMOSVOS AQUÍ UN PEQUENO RESUMO!

  

Semana de Entroido

Así transcorreu a semana de Entroido no CEIP Cabada Vázquez. O tótem que adorna a nosa entrada foi o encargado de indicar os mandados de Entroido este ano.

Animámosvos a visualizar este vídeo que o amosa.

 

 

Obradoiros máscaras

Para a elaboración das máscaras de entroido fixemos obradoiros, onde o alumnado de infantil a 6º, facían a súa máscara.

Powered by Drupal - Design by artinet