Calendario As nosas aves

Como remate de trimestre, dentro do PLAMBE, e seguindo a proposta que este ano nos fai o equipo de biblioteca do centro, todas as aulas do centro participaron na elaboración deste fermoso calendario centrado nas nosas aves.

 

 

 

AS MÁQUINAS

NO MES DA CIENCIA CONSTRUIMOS MÁQUINAS SIMPLES E COMPOSTAS, PERO NON SOLO ISO, SE NON QUE EXPERIMENTAMOS COA TENSIÓN SUPERFICIAL, COAS REACCIÓNS QUÍMICAS, E VIAXAMOS POLO ESPAZO.

 

O mes da Ciencia

O mes da Ciencia no Cabada Vázquez

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

En lembranza a todas aquelas mulleres que desgraciadamente seguen a sofrir o maltrato, a discriminación e a violencia por parte das súas parellas, desde o centro quixemos

celebrar hoxe esta conmemoración con algunhas actividades que cada aula escolleu. Este ano, entre os actos programados, gardouse un afectuoso minuto de silencio

en recordo de todas elas e no que participou todo o alumnado e profesorado do centro

 

Como prato forte deixámosvos esta videomontaxe onde participan as mulleres que representan aos diferentes sectores da nosa comunidade educativa.

Foi moi laborioso, pero coa colaboración de todas, esperemos que sirva para concienciar sobre a gravidade do problema a toda a cidadanía.

MOITAS GRAZAS A TODAS POLA VOSA APORTACIÓN!!!

 

 

 

Samaín 2022

 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos diferentes obradoiros que este ano fixemos. Cociña e manualidades para os de infantil, primeiro e segundo, mentras que os de 3º, 4º, 5º e 6º, desfrutaron dos obradoiros de maquillaxe e baile. 

 

DÍA DA BIBLIOTECA e DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS

O 24 DE OUTUBRO, "Día das Bibliotecas", tivemos a honra de contar coa ilustradora do "Poder máxico do sorriso", Luz Beloso, obra escrita pola nosa compañeira e mestra deste centro Thalía Trotiño González. 

Luz Beloso, docente nun centro de secundaria, non puido asistir fisicamente ao noso cole, pero fíxoo a través de videoconferencia, de xeito que puido compartir con todos nós o papel tan importante,  das ilustracións dunha obra. Conseguíu que todos reflexionásemos sobre a importancia do debuxo nas nosas vidas e convidounos a practicar todos os días.

Celebramos o día do Sorriso, 7 de outubro

Como novidade, este ano decidimos celebrar o día do Sorriso. A razón pode parecer absurda pero para nós resultou moi gratificante. A nosa compañeira e mestra de infantil, Thalía Troitiño González, non só ven de aprobar as oposicións ao corpo de mestres neste verán pasado, senón que tamén se estreou na eloxiosa labor de crear un libro para público infantil.  "O poder máxico do sorriso" é o título desa obra que presentou o mes pasado no seu concello, en Silleda, e neste día tivemos a boa idea de convidala a que compartise con nós a súa experiencia como xove creadora.

Nesta actividade, colaborou o alumnado da materia de Valores sociais e cívicos de sexto curso de primaria. 

Moitas felicitacións a todas (Jamila, Fátima e Danna) e moi en especial á nosa ESCRITORA, Thalía. 

Pinguiñas 2022

Con máis retraso do agardado, publícase a revista escolar deste curso, que coma sempre recolle o relevante deste curso que remata. Ao igual ca no curso pasado, recordade que en moitas das reportaxes adxúntase un enlace a unha videomontaxe relacionada co artigo en cuestión. Esperemos que vos guste, e coas reiteradas desculpas pola demora na súa publicación, desexámosvos a todos unhas boas vacacións de verán. Para o ano máis e mellor!!

AdxuntoTamaño
Pinguiñas 21-22.pdf136.33 MB

Powered by Drupal - Design by artinet