Carnets

 

A NOSA PDI NESTE CURSO " NATUREZA SILVESTRE" DOU LUGAR A QUE OS NOSOS CARNETS DE BIBLIOTECA FOSEN DIFERENTES AO DOS OUTROS ANOS. O EQUIPO DE BIBLIOTECA, AXUDADO POLO EQUIPO DE TICs, CONSEGUÍU UNS CARNETS  ILUSTRADOS CON ÁRBORES, ARBUSTOS E HERBAS DA NOSA CONTORNA. AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DE COMO QUEDOU O TRABALLO.

 

 

 

 

 

 

 

Comezamos limpando

O verán pasou e despois de tantas semanas sen acompañamento a natureza seguiu facendo o seu traballo no noso patio. As malas herbas gañaron moito espazo e sacábanlle protagonismo ás nosas plantacións polo que decidimos entre todos facer unha limpeza xa a comezos de curso e poder adecentar polo menos as xardineiras da fachada principal e os bancais do horto.

Colaborou desta vez o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e en pouco tempo fixeron un traballo fantástico.

MOITAS  GRAZAS!!

 

 

Visita de Stop Accidentes

 

Comezamos o curso cunha visita importante. O pasado venres 10 de setembro visitáronnos Ángela e Mariña, dúas colaboradoras da ONG Stop Accidentes. Como o seu nome indica traballan na atención a persoas que foron víctimas dun accidente de tráfico pero tamén se esforzan por concienciar á cidadanía en xeral da importancia de acadar bos hábitos de RESPECTO aos demais como usuarios da vía pública.

 

Mellorar a nosa CONVIVENCIA e coñecer algunha das NORMAS básicas foi o que nos deixaron ese día.

 

MOITAS GRAZAS pola visita!!

 

 

 

   

Pinguiñas 2021

Ao remate do curso recóllese na revista escolar o máis reseñable do realizado ao longo do curso. Recordade que en moitos artigos hai creados enlaces para poder desfrutar doutra maneira das montaxes de vídeo que foron elaboradas por alumnado e polos mestres coordinadores da biblioteca e do EDLG.

AdxuntoTamaño
Pinguiñas 20-21.pdf44.49 MB

Recomendación lectoras

RECOMENDACIÓNS LECTORAS, PINCHA AQUÍ

 

AdxuntoTamaño
Colorful Pattern Indian Handicrafts Brochure.pdf943.39 KB

Día de Rosalía

 

O 24 de febreiro disfrutamos da lectura de poemas de Rosalía de Castro por parte de Uxía e Sergio, de 5º e 6º respectivamente. A elaboración dovídeo tamén correa pola súa conta.

 

Letras galegas

Textos gravados polo alumando de 3º de Primaria na radio, coa axuda do profe Toño dentro do contexto lingúístico.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet