Skip to Content

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE

 

O vindeiro MARTES 17 ás 4.30 h no Salón de actos do Centro celébrase unha moi interesante charla dirixida a todas as familias do noso alumnado.

Esta charla estará enfocada ás ameazas ós menores de idade e explicarán as responsabilidades das familas con respecto a estes temas:

* GROOMING: Contactos con menores a través da rede. Xogos de Roll

* SEXTING: Envío de imaxes ou vídeos a través de móbil ou internet.

* CIBERBULING: Acoso virtual: redes sociais, xogos, móbil...

PATIOS ACTIVOS 2.0

Da man do mestre Noel de Educación Física chegan ó Centro neste 2º trimestre novos xogos e actividades para os recreos . Son os...

 As caixas das que gozaron no 1º trimestre, están actualizadas neste con novos xogos populares, novos deportes alternativos...e mooooitas novidades, que o alumnado de 5º B se encargou de presentar ó resto das aulas.

 Aquí queda o vídeo promocional

E aquí están as caixas cheas de sorpresas que o alumnado recibiu encantado:

E...as sorpresas que o profe preparou seguen na 2ª quincena de xaneiro para o alumnado de 4º, 5º e 6º.... Que será? Atentxs!!!  

FANTÁSTICO PROFE NOEL!!! GRACIÑAS!!!

FESTIVAL NADAL 2022

Broche dourado para despedir este 1º trimestre, un festival cheo de música e cor . Todo o alumnado coa vestimenta acordada, algo nerviosos pero con moita ilusión, foi ensinando o que traballaron.

Xa actuaron o día anterior para verse uns ós outros. Estas son as imaxes:

 Hoxe chegou o día das familias que alí estaban para acompañalxs e aplaudirlles.

Antes de saír a escena foto para o recordo...

   E xa cansos e famentos chegou a hora da merenda. Esta vez tocoulle ás familias de 3º e 4º de Primaria ás que agradecemos o esforzo. Todiño delicioso!!!

 Para rematar música e...lacasitos!!! para despedir o ano como se merece...

1-2-3-4-5-6-7-8-9-10-11-12...FELIZ ANO 2023 !!!!

 Agradecemento especial á profe Virginia de música, á profe Ana de apoio, ó Equipo de actividades Extraescolares, e ó resto das mestras e mestres do Centro que fixeron posible esta festa coa súa implicación e bo facer.

PAPÁ NOEL VISITOU A SANGRIÑA

Hoxe foi un día de moita ilusión para o noso alumnado, en especial para os máis pequenxs. 

Foron recibindo unha nova de parte das súas mestras e mestres...ó longo da mañá Papá Noel ía visitalos nas aulas. E empezaron os nervios e os preparativos. Con ilusión fóronlle preparando cartas e ata algo de comida das cociñiñas das aulas.

Chegou a hora, polos corredores comezou a oirse o son dunha campá pequena...

 ...dindindin

      E aí estaba!!!!

Papá Noel cargado con agasallos para as aulas e algunha lambetada!!! JOJOJOJO

 

Ata o vindeiro curso. Graciñas!!!!

FELICITACIÓN DE NADAL 2023

Co traballo do primeiro trimestre a piques de finalizar e coas festas chamando ás nosas portas, o claustro de mestras e mestres do CEIP A SANGRIÑA quere desexar a toda a comunidade educativa un moi feliz Nadal que encha de felicidade as vosas casas e que o Aninovo 2023 veña cargadiño de boas cousas, en especial de saúde, para seguir compartindo bos momentos.

ACHÉGASE O NADAL

Datas máxicas!!! Nadal!!!

Todo o cole arrecende xa a estas festas que tanto desfruta o noso alumnado. Moitas cousas  en marcha, vémolas xa ó entrar, luces, árbores, Papá Noel, estrelas, bólas, grilandas...todo cheo de brillo e cores .

Como ven sendo tradición, ensaios do festival que será unha sorpresa para as familias. Seguro que vos encantará.

O Equipo de Actividades Extraescolares, encargado da súa organización, fainos chegar esta información:

 

XORNADA DE CONVIVENCIA NO CENTRO SAN XEROME

 

O luns 5 de decembro, os alumnos e alumnas de 4º de primaria  desfrutaron dunha xornada de visita e conviencia no Centro San Xerome Emiliani    https://www.sanxerome.com/

Alí, ademais de mostrarlles como é o centro, puideron participar en tres obradoiros. Cada obradoiro sorprendía ó alumnado máis ca o anterior:

Fixeron chapas e coñeceron a sala multisensorial

 Descubriron a percusión a través de preguntas e respostas musicais

 

e aprenderon que se pode xogar de formas diversas e que hai un deporte que se chama Boccia (deporte de pelota de precisión, semellante á petanca,concebida para personas con discapacidades), co que gozaron maiores e pequenxs.

Foi un día estupendo. Moitísimas grazas San Xerome !!!

XOGANDO EN FAMILIA . BIBLIOPEPIÑO

A Biblioteca do Centro viviu este sábado unha emotiva xornada de xogos en familia.

Emoción de ver a nosa Biblio cheiña de nais, pais, fillas e fillos compartindo e convivindo. Tedes todas as imaxes no blog:

http://bibliopepinho.blogspot.com/

IMAXES DA SEMANA DA INCLUSIÓN

Deseñadas polo Equipo de convivencia leváronse  a cabo durante esta semana diferentes actividades:

1) Customización dun paraugas nas sesións de plástica do alumnado de 5º e 6º para unirse á actividade promovida polo San Xerome "Baixo o mesmo paraugas"

 

E aquí está o noso paraugas!!! Portado por usuarixs do Centro San Xerome no acto que se celebrou en Vigo  no que quixeron reivindicar que:

“A nosa meta é visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual. O paraugas simboliza a unión e todos temos cabida baixo o paraugas, sen diferenzas”.

 2) Nas sesións de Educación Física fixéronse obradoiros dem GOALBALL .Trátase dun deporte de equipo creado especificamente para persoas cegas ou con baixa visión.

3) Para rematar, saimos todxs xuntxs ó patio para facer unha foto "baixo os paraugas"

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

Dende o Equipo da Biblioteca do Centro  http://bibliopepinho.blogspot.com/ 

convidan ás familias a diversas xornadas nas que poder intercambiar e vivir momentos especiais: lecturas, xogos, cine...

Seguro que vos gusta algunha, hai variedade. Aquí deixamos toda a información:

Distribuir contido


by Dr. Radut