Skip to Content

REMATANDO O CURSO:VISITA ÁS ILLAS CIES

Dende o Equipo de extraescolares organizaron como remate de curso unha saída de todo o día para visitar as Illas Cíes, un paraiso galego que podedes ver nestas imaxes... 

E aquí deixamos para lelo moi antentamente a NORMATIVA E RECOMENDACIÓNS PARA A VISITA: 

 

E...por se queredes saber máis, aquí queda este enlace cunha chea de información:

https://gazeta.gal/web/as-illas-cies/

 Boa viaxe nenas e nenos!!! Que a desfrutedes con sentidiño!!!

DEPORTE NA ESCOLA: PETANCA/TENIS

Rematando o curso, rematan tamén as nosas rutas polo deporte na Guarda.

Tenis, no  Graciñas a todos os monitores pola dedicación e a paciencia dado que son idades moi diversas.

Aquí deixamos uns pequenos vídeos do que fixeron:

  

Petanca no  todo un descubrimento para o alumnado que gozou moito coa súa práctica e estivo atentísimo ás explicacións dos varios usuarios e usuarias que se acercaron ata as pistas. A todxs elxs mil graciñas pola paciencia e a dedicación. 

Tamén deixamos unhas pequenas mostras do que fixeron:

    

E para rematar  un vídeo coas imaxes que dan conta do que desfrutaron: 

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS!!!

Reaccionamos ós acontecementos que pasan ó noso redor con emocións...alegría, tristeza, rabia, medo, noxo, sorpresa...A educación emocional infantil ensina ós nenos e nenas a controlar e  xestionar as súas emocións. Cando traballas as emocións en clase consegues que o alumnado estea máis motivado e axúdaslles positivamente no seu desenvolvemento intelectual.

Conscientes desta importancia,dende o Contrato Programa Emocióna-T o profe Alejandro comezou, de 1º a 6º, a pasar un anaquiño con cada clase e traballar esas emocións dende a música e a imaxe comentando que foi unha actividade moi satisfactoria.

PALABRAS QUE MOITO FORON E DIXERON E AGORA, NON DIN NIN SON

Imaxina ter unha linguaxe secreta que só ti e os teus amigos e amigas coñezan. Pasarse mensaxes que sexan incomprensibles para quen os poida interceptar ou falar sen que os demais saiban o que dis... Interesante eh?

Ter a túa propia linguaxe secreta é unha forma divertida de compartir información.

Dende Dinamización da Lingua, intentouse visibilizar a recollida de palabras usadas na zona, que se levou a cabo durante varios cursos.

Coa axuda dalgúns compañeiros de 6º de Primaria (Anxo, Rocío, Gabriel e Sokhnamay) a través deste guión gravado en formato podcast, descubriremos que este xeito de comunicarse non é nada novo na nosa zona. 

 

 

MINI CONCERTO POPULAR CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS 2022

Había gañas de ver ás nosas nenas e nenos todos xuntxs nunha actuación!!!

Así que...alá fomos, en ringleira enchendo de cor e alegría as rúas da Vila polas que iamos pasando. Colocados de peques a maiores, emprendemos a marcha ata o auditorio de San Bento.Un agradecemento especial ó alumnado de 6º que foron os encargadxs de axudar a baixar e subir á rapazada de 3 e 4 anos, dándolles ánimos, conversa e non soltándoos da man.

Xa coas nenas e nenos colocados nas gradas, atentísimxs ás indicacións da profe Rosa, comezou o concerto: "O cuco cantou", "O gato", "Collín toxos e flores", "Tireiche unha laranxiña", "Pousa, pousa" e "Bailaches Carolina" foron as cantigas populares que cantaron e acompañaron con percusión.

Para que a música resoara alta e clara mestras e mestres acompañaron con instrumentos a actuación. Grazas especiais a Lucía, a nosa pianista, mami dunha alumna do Centro, sempre disposta e atenta.

Moita afluencia de familias desfrutando e fotografando a actuación. Todo un espectáculo de bo facer que lucíu marabilloso!!!! Parabéns!!!

Aquí deixamos unha pequena mostra de fotos e vídeos. 

INVITACIÓN ATLÉTICO GUARDÉS

O Clube Atlético Guardés fainos chegar os seguintes documentos en relación a horarios de partidos e actividades organizados para os días 21 e 22 de maio na fase de ascenso a 1ª autonómica.

 Trátase dunhas actividades deportivas previa ó partido ás que vos animan a participar.

ACTIVIDADE DE CONVIVENCIA CON AVELAIÑA

O Centro leva anos colaborando coa asociáción AVELAIÑA da Guarda que ten como obxectivo potenciar a inclusión das persoas con enfermidade mental, mediante a mellora da súa calidade de vida e dos seus familiares.

(https://xn--avelaia-9za.es/contacto/)


Esta vez foi o alumnado de 5 anos o que se achegou ata a súa sede onde estaba organizada unha actividade de convivencia e inclusión que todxs, alumnado e adultos desfrutaron e gozaron.

Decoraron macetas...

 

Plantaron uns amorodos...

  E que mellor cousa para rematar que merendar xuntxs e convivir!!!

Mil graciñas por deixarnos vivir estas experiencias que nos axudan a medrar nun mundo máis xusto e mellor!!!

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS

Inauguramos a celebración das Letras Galegas con varias actividades.

Dende as aulas chegaron poesías, marcapáxinasuns acrósticos propostos polo Equipo de Dinamización da Lingua , todos os traballiños feitos polo noso alumnado con moita ilusión...

 

E temos unha sorpresiña para as familias que levan tanto tempo, pola pandemia, sen ver xunto a todo o alumnado nunha actuación.

Será o venres 20 no Auditorio de San Bento tal como está anunciado na Web do Concello.

 Dende Dinamización da Lingua propoñen esta actividade en prol da cultura musical popular galega e chamárona:

MINI CONCERTO POPULAR CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS

Aquí deixamos unha pequena mostra en imaxes do ensaio xeral que fixemos no Centro, previo á actuación. Esperamos que veñades a vernos en directo porque...merecerá a pena!!!!Vémonos!!!Guay

DEPORTE NA ESCOLA: CICLISMO

Organizada polo Servizo provincial de deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia dende o programa Xogade, chegou ó Centro esta xincana ciclista da que desfrutaron no patio o alumnado de 4º e 5º

 

 

 

 

Xa a primeira hora foron chegando coas súas bicicletas moi ilusionadxs

 

Co obxectivo de que melloren a súa autonomía na bicicleta colocáronse para iniciar o percorrido...

 

  

Atención!!! Comezamos!!!

 

 

 Canto desfrutaron!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut