Skip to Content

VISITA POLA VILA DO ALUMNADO DE 4º PRIMARIA

O mércores 15 de maio os alumnado de 4º de primaria, acompañados das súas mestras, fixeron unha saída pola vila.

O obxectivo da saída era obter información para avanzar no traballo que están a facer, dentro do PDI do centro, “A GUARDA É VIDA”.

Comezou a mañá camiñando ata o porto. Alí  esperaba o secretario da confraría para mostrarnos a lonxa e o seu funcionamento.

Durante a visita puideron desfrutar tamén da compaña dun mariñeiro en activo e dun mariñeiro xubilado ós que lles puidemos facer moitas preguntas.Foi estupendo!

Ó saír, xa con apetito, tocou o turno da  merenda. Sitio inmellorable, no porto, o bo tempo acompañaba.

Logo  acercáronse ó restaurante “Porto Guardés” e alí amablemente explicaronlles como é o funcionamento dun restaurante.

Seguiron camiño... seguinte parada  moi cerca... a Praza de Abastos. Alí  esperaba a técnico de turismo do concello da Guarda que lles explicou todo o referente ó edificio da praza e gozaron nos postos de peixe facendo preguntás ós praceiros.

E para rematar a mañá parada no supermercado e alí puideron ver, na peixería, outro destino dese produto tan da nosa vila.

Foi un día moi completo no que aprendemos e á vez desfrutamos moitísimo.

O noso agradecemento á confraría da  Guarda, en especial ao secretario da mesma, que fixo que a visita fose xenial, a Luis e Jose, mariñeiro xubilado e mariñeiro en activo que nos falaron da vida no mar, a Antonio, do restaurante “Porto Guardés”, ao concello da Guarda, a concelleira e á técnico de turismo que nos guiou na praza e ós comerciantes.

OBRADOIRO DE IGUALDADE:" LENTES VIOLETAS"

 Organizado polo CIM da Guarda (Centro de Información á Muller) o alumnado de 5º de primaria asistiu hoxe a un obradoiro de igualdade. Foi unha actividade moi participativa da que nenas e nenos desfrutaron moito.

 Deixamos toda a información no blog da aula:

http://opedocastro.blogspot.com/2023/03/obradoiro-de-igualdade-lentes-violetas.html

SEMANA DE CINE E XOGOS EN BIBLIOPEPIÑO

A piques de cerrar o 2º trimestre, a Biblio volve celebrar a súa semana de cine...15/16/17 DE MARZO

Hai sesión para todxs...pequechxs e maiores. Toda a información no blog da Biblio:

http://bibliopepinho.blogspot.com/2023/03/cine-en-bibliopepino.html

Corre e ...

E o sábado...unha nova xornada de XOGOS EN FAMILIA.

SAÍDA ESCOLAR GRANXA APÍPOLIS

O alumnado do 1º ciclo de primaria, 1º e 2º, fixeron unha fantástica saída á GRANXA APÍPOLIS en San André de Xeve.

Alí, convertéronse en apicultores por un día para coñecer moi de de cerca a vida das abellas. Vestidos como apicultores, viron as colmeas e as abellas que nelas había, a abella raiña e as  obreiras. Fixeron velas coa cera. Probaron o pole. Viron un extractor de mel. Elaboraron galletas de mel que estaban boísimas...

Xogaron e pasaron un día estupendísimo. Sen dúbida, para recordar!!!

 

AUXILIAR DE CONVERSA

De novo, un curso máis, contamos cun auxiliar de conversa en inglés que acompaña ás dúas teacher, Linda e María nas súas clases para  posibilitar a práctica da conversación oral en inglés apoiando ó alumnado tanto de Infantil como de Primaria, para a mellora da lingua oral.

É xa coñecido  do noso alumnado, xa que os acompañou noutro curso.MITCHELL ENGLISH.

Magnífica experiencia que, sen dúbida aproveitará o alumnado!!!!

TORNEO DE DATCHBALL

Dende a aula de EDUCACIÓN FÍSICA, o profe Noel, sempre disposto a innovar e acercarlle ó alumnado moitas actividades novas, organizou un TORNEO DE  DATCHBALL .

Traducido ó noso idioma como "balón prisioneiro",trátase dun deporte de colaboración e oposición disputado nunha cancha dividida. O obxectivo principal é eliminar  os xogadores  do equipo contrario lanzando pelotas e tocándolles con estas antes de que estes rivais consigan o mesmo obxectivo.É unha actividade física que axuda a fomentar o traballo en equipo .

O torneo comezou hoxe no recreo.

 

Aquí quedan algunhas imaxes que deixan ver a implicación e a boa acollida que tivo entre o noso alumnado.

GRACIÑAS PROFE!!!!

ABERTO PRAZO PARA RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2023/2024

Queres que  a túa filla/o  veña estudar ó noso Centro?. Dende hoxe ata o 20 de marzo, podes solicitalo.

Aquí deixamos todo o que se precisa:

Este é o horario para xestionar as peticións:

BICICLETAS NO CENTRO

XOGADE é o acrónimo de XOgos GAlegos DEportivos en idade escolar. Un programa deseñado pola Xunta de Galicia co que se pretende achegarlle á rapazada  a práctica do deporte.

Abrangue múltiples disciplinas e, no noso caso, o alumnado de 5º de primaria gozou no patio do ciclismo.

 

 

 

Fomentar o deporte nos máis novos e novas garántenos contar con bos deportistas e atletas no día de mañá, e o que é máis importante, consolidar eses hábitos que mellorarán a calidade de vida de todos os nosos cidadáns.

Xa o día anterior foron traendo as súas bicicletas con moita ilusión. E chegou o día. Todo preparado no patio...Comezaron!!!

E aquí os tedes en acción. Canto desfrutaron!!!

ACTIVIDADES VOZ NATURA CURSO 2022/2023. O NOSO COMPOSTEIRO

Recollemos no vídeo como facemos o compost no Centro, a diario o noso alumnado recolle os restos da súa merenda e lévaos ó composteiro que temos ó lado da horta. Son eles mesmos os encargadxs de botarlle os produtos necesarios para que estea en perfecto uso. Tamén o alumnado que vai ó comedor fai esta función a diario.

E...para que se usa? Pois abonamos con el as árbores plantadas e as que acabamos de plantar.

Aquí tedes a explicación en imaxes:

  

Agradecemento especial ó profe Gil que se achegou ó Centro para a plantación.

Distribuir contido


by Dr. Radut