Skip to Content

CURSO 2023-2024. BENVIDXS

Estimadas familias:

Despois deste descanso estival tan merecido para todxs no que repuxemos forzas, damos comezo ó novo curso 2023/2024 coas enerxías renovadas, con moita ilusión e cunha mochila ben cargadiña.... novos retos e proxectos esperan a ser desenvolvidos.

Un curso máis pedimos a vosa colaboración e apoio para traballar xuntxs na procura do benestar do alumnado.

Un saúdo agarimoso: Equipo directivo/Claustro de mestras e mestresRisa

 

REMATANDO O CURSO 2022-2023

Remata o curso 2022/2023. O Centro quere agradecer ás familias a implicación e a cercanía manifestada.

Tomamos un descansiño ben merecido para todxs, para repoñer forzas e empezar en setembro con enerxías renovadas.

COMEZAMOS E. INFANTIL!!!

A incorporación dos nenos e nenas de 3 anos á vida escolar debe ser unha experiencia positiva, que os faga sentir que se fan "maiores" de forma divertida.

Os primeiros días de clase son xeralmente duros para os nenos e as nenas. Uns incorpóranse por primeira vez a un centro educativo; outros deixan o seu centro preescolar para ir ao "cole de maiores", e, en calquera caso, despois dun longo período vacacional, cústalles recuperar o ritmo de traballo. ¿A quen non?

Pero cun apoio axeitado, por parte das familias e do profesorado, as xornadas  converteranse pronto nunha diversión continua e as inseguridades, os nervios e os choros desaparecerán sen decatarnos.

De novo, a orientadora, María Masana, propón unhas pautas, que expuxo, acompañada do equipo de apoio, Ana e Carmen  ás familias : 

PASO DE E.PRIMARIA A E. SECUNDARIA

O paso do colexio ó instituto adoita converterse nun momento importantísimo, especialmente cando supón un cambio de ambientes, novos compañeiros e amigos, novxs titorxs e rutinas. Axudar e preparar ó alumnado é fundamental, sobre todo a medida que se achega o cambio.

De novo a orientadora María Masana preparou esta presentación para, acompañada do equipo de apoio Ana e Carmen, presentarlla  ás familias. 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

Esta é a listaxe de libros do CEIP A SANGRIÑA para o vindeiro curso: 

PASO DE E.INFANTIL A PRIMARIA

O paso de E.Infantil a E.Primaria supón un gran cambio para as nenas e nenos e as súas familias. Prodúcense moitos cambios con respecto a rutinas e métodos de aprendizaxe.

Conscientes disto, a orientadora do Centro, María Masana, preparou esta presentación, e, acompañado do profe Jose, da mestra de apoio, Ana e da mestra de A.L, Carmen convocaron ás familias para visionala e comentala.

Aquí a deixamos para que a repasedes se necesitades e lista para as familias que non puideron asistir á charla:

 

 

FIN CURSO 2022/2023.ROMERÍA

Broche dourado para finalizar este curso. Que mellor forma de rematar o noso Proxecto de Centro que algo tan noso como unha romería!!! Pois así se organizou...

Salón de actos listo para recibir ó alumnado. Alí comezou a actividade: Visionado dos vídeos do PDI de cada curso e GOT TALENT, organizado polo alumnado de 6º

Logo comenzaron as actividades que foron rotando. De novo foron guiadas polo alumnado de 6º ó que volvemos a agradecer a súa dedicación:

*E.INFANTIL: Pulseiras,collage, taller de baile, taller de instrumentos.

*E.PRIMARIA: Origami,Photocoll,taller de chapas,taller de instrumentos, collage, taller construción Kapla.

Despois de tanta actividade chegou a merenda!!! Tortilla, pan, rosca e dóces diversos. Amenizounos esta merenda un grupo de música galega.

Remataron a xornada o alumnado de 6º que se despediron cun baile. Rematan a súa andadura no Centro para emprender a súa viaxe na Secundaria. Desexámoslles o mellor.

Aquí quedan imaxes e vídeos: 

FIN CURSO 2022/2023.FESTA DA ANPA

Todo o alumnado do Centro preparado, ilusionado e con moitas gañas de festa!!!!

O patio estaba dividido en dous escenarios: infantil e primaria. Alí estaban preparados unha chea de xogos.

Para E.Infantil: inchable, transportar pelotas,paracaidas,cordas e vasos.

Para E.Primaria: inchable,casetas coma as das festas, coreografías, pelotas e redes e transporte de vasos.

Foron rotando por cada un, gozando e pasándoo moi ben.

Ó remate, cansados pero felices, repuxeron forzas cunha estupenda merenda traída polas familias de 4 e 5 anos ós que agradecemos o esforzo. Todo estivo moooiii rico!!!

E...chegou o momento esperado por todxs!!! A escuma...rápido, a cambiarse!!! bañadores, toallas, chanclas, gafas...alá imos!!!!

Aquí deixamos as imaxes:

E...uns vídeos do que gozaron coa escuma: 

 

Agradecemento especial ó alumnado de 6º que foron os encargados/as de guiar os xogos. Tamén ó Equipo de actividades extraescolares que, coa colaboración da ANPA, organizaron esta festa e, por suposto, á todo o profesorado sempre dispostos a axudar en calquera tarefa que se lles propoña, sen eles e elas nada disto sería posible.

REMATE DO CURSO 2022/2023

O curso está chegando ó seu fin e queremos facer un peche que deixe nas nosas pequenas e pequenos un bo sabor, unha alegría e un premio ben merecido por un traballo estupendo durante todo o curso.

Esta será a programación:

Comezamos o luns coa colaboración da ANPA (https://anpaasangrina.com/) ...festa!!!!

Para este día pedimos tamén a colaboración das familias que sempre sempre están dispostas a axudar...graciñas!!!

Tamén é momento de mostrar todo o que traballamos no proxecto do Centro A GUARDA É VIDA. Atoparedes toda a información no blog da Biblio. Aquí veredes o resultado do traballo de investigación de todo o curso, de todo o alumnado do centro.

Unha guía audiovisual da nosa vila: A GUARDA. Agardamos que a desfrutedes.

http://bibliopepinho.blogspot.com/2023/06/a-guarda-e-vida.html

E, que mellor xeito de pechar o noso proxecto que algo tan galego e tan guardés como...unha romería!!! Festa!!!!!

 

Agardámovos familias!!!

 

VISITA DO ALUMNADO DE 6º Ó IES A SANGRIÑA

O pasado mércores o alumnado de 6º de primaria foi a coñecer o centro de educación secundariaó que acudirán o curso que vén.

Alí, alumnado de 2º da ESO contoulles a súa experiencia no cambio de etapa e compartiron consellos.

A orientadora Ángeles Martínez, explicoulles como ía ser 1º da ESO e respostou ás dúbidas que lles plantexaron os nosos alumnos e alumnas. 

De seguido, deron un paseo polo centro e coñeceron varias aulas: os laboratorios, a aula de plástica, de música e incluso a biblioteca.

Por último, compartiron uns minutos no patio con alumnado co que estudiarán o próximo curso e saudaron a irmáns, irmás, curmáns/as e outras amizades.

Moi contentos/as e motivados para os últimos días, volveron para o CEIP, onde lles espera a recta final para dar por finalizada a súa etapa de infantil e primaria onde moitos e moitas levan convivindo 9 anos.

Esperemos que lles vaia moi ben!

Distribuir contido


by Dr. Radut