Xornada máxica a que viviu hoxe o alumnado do CEIP A SANGRIÑA.
Para rematar o trimestre como é tradición organizouse un festival de Nadal.
Antes do seu inicio, visitounos,por cortesía da ANPA ATALAIA( https://anpaasangrina.com/ ), .... un mago!!!
Encantoulles:
Chegou o momento...O festival dividiuse en dúas partes para que fose máis visible para as familias...
INFANTIL E 1º DE PRIMARIA
Os nosos pequechos/as brillaron no escenario e encandilaron ás familias. Aquí deixamos un resumo:
2º PRIMARIA-6º
O alumnado maior actuaron todos xuntos, perfectamente coordinados pola profe VIRGINIA á que felicitamos e agradecemos por facer realidade este proxecto común.
Aquí tedes un pouquiño en imaxes e vídeos:
Agradecemos sempre a todo o profesorado por poñer este broche dourado ó primeiro trimestre co seu traballo cooperativo, e, en especial, ó Equipo de actividades extraescolares e á profe Virginia de música pola organización da festa.
Tamén graciñas ás familias do 1º ciclo polas ricas viandas que comemos con fame e ó alumnado de 6º que axudou no que se lles pediu, sendo axudantes, colocando espazos, movendo cadeiras, presentando o acto ou lendo contos.