O Día Internacional contra O acoso escolar, coñecido tamén como Día contra o Bullying conmemórase o 2 de maio.
Segundo a definición da Organización Mundial da Saúde (OMS) , o acoso escolar ou acoso é toda intimidación ou agresión física, psicolóxica ou sexual contra unha persoa en idade escolar de forma reiterada de forma que cause dano, medo e/ou tristeza na vítima ou nun grupo de vítimas.
É un fenómeno que afecta a vida escolar, familiar e social das vítimas, é por isto que é moi importante a implicación de toda a comunidade educativa e da sociedade en xeral.
A loita contra él pasa polo tratamento de todas as partes implicadas, vítima, acosador/a e observadores/as pero sobretodo por unha combinación de...
CONCIENCIACIÓN, PREVENCIÓN, RESPONSABILIDADE E IMPLICACIÓN.
Con motivo desta conmemoración o CEIP A Sangriña pon en marcha o seu PUNTO LARANXA, como parte do PLAN INTEGRAL contra o acoso escolar impulsado pola Xunta de Galicia.
Imos ver en que consiste:
Ademáis, familias e alumnado podedes dende xa, facer uso deste PUNTO LARANXA de forma virtual a través do enlace que tedes colgado nesta web.
Porque.... previr o acoso é tarefa de todos e todas!!!