BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
XORNADA DE CONVIVENCIA NO CENTRO SAN XEROME
Versión para imprimir
O luns 5 de decembro, os alumnos e alumnas de 4º de primaria desfrutaron dunha xornada de visita e conviencia no Centro San Xerome Emiliani https://www.sanxerome.com/
Alí, ademais de mostrarlles como é o centro, puideron participar en tres obradoiros. Cada obradoiro sorprendía ó alumnado máis ca o anterior:
Fixeron chapas e coñeceron a sala multisensorial
Descubriron a percusión a través de preguntas e respostas musicais
e aprenderon que se pode xogar de formas diversas e que hai un deporte que se chama Boccia (deporte de pelota de precisión, semellante á petanca,concebida para personas con discapacidades), co que gozaron maiores e pequenxs.
Foi un día estupendo. Moitísimas grazas San Xerome !!!