DÍA DO LIBRO 2022

Onte na escola tivemos un Contacontos moi especial, O AVÓ ANXO un gran contador de historias de antes de agora e de sempre. Nada máis que coa súa PALABRA tivo durante un bo anaco de tempo concentrados na historia contada a todo o alumnado de segundo. Daba gusto observalos!

Tamén contou cousiñas da súa vida, díxo que era o avó de Aldán dun neno de 1º da nosa escola, que naceu en Lugo, que foi profe nun instituto de Pontevedra e que agora, pasa moitas temporadas en Cela-Bueu e se dedica a escribir e contar historias, algunhas delas na televisión de Galicia.

Mesmo, houbo quenda de pregunta e invitou a que lle puxeran un título a historia que contou, participaron moitos nenos e nenas e sairon cousa interesantes e el díxolles: algún destes títulos poreillo a este conto cando o escriba  no libro dedicado ao meu neto “CONTOS DO AVÓ ANXO PARA O NETO ALDÁN”

Para rematar, díxonos que buscaramos na web as súas historias e agasallou ao alumnado e as profes cunha tarxeta que traía escrito a mensaxe “FALADE MOITO GALEGO”

Podedes ver algunha foto. Foi unha boa maneira de celebrar o día do libro!