CLUB TAMIAR, DEPORTE ADAPTADO

CLUB TAMIAR DE VIGO, DEPORTE ADAPTADO

O mércores da semana pasada recibimos unha visita moi especial; dúas adestradoras e dous deportistas do CLUB TAMIAR de Vigo.  Cata, Sara, Antía e Fer ensináronnos que é o DEPORTE ADAPTADO. Concretamente, faláronnos de dúas disciplinas que practican no seu club: o BOCCIA e o SLALON.

Cando entramos no ximnasio descubrimos que tiñan todo organizado para darnos unha clase práctica de ambos deportes.

En primeiro termo, estaban dispostas varias cadeiras e unha rampla para que probásemos a xogar a BOCCIA. Trátase dun deporte PARALÍMPICO que ten normas algo similares ás da PETANCA. Xógase por equipos e gaña o que logra máis puntos ao achegarse o máximo posible á bóla branca.

A outra zona do ximnasio era a destinada á práctica do SLALON. Consistía en percorrer sentadxs en cadeira de rodas un circuíto delimitado por unha serie de bolardos . Tratábase de facelo no menor tempo posible e sen tirar ningún!! Resultou moi divertido!!!!

 Para pechar a actividade, Antía e Fer responderon algunhas das nosas preguntas como os días que adestran semanalmente, onde o fan, cantas persoas forman os equipos, como se organizan para asistiren ás competicións...

Pasamos unha sesión divertidísima e, sobre todo, aprendemos que é posible practicar deporte máis aló das dificultades e das barreiras.

MOITÍSIMAS GRAZAS a ANTÍA, a FER, a CATA e  a SARA!!!

Moitas grazas á APAMP Vigo (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) e ao seu CLUB TAMIAR!!!

FOI UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA!!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO