CURSO 2ºA 2ºB

EDUCACIÓN FÍSICA (13-17 abril)

Ola rapaces-as e familias, que tal esas vacacións. Xa sei que este ano foron un tanto diferentes pero non vos preocupedes que seguro que as próximas ides disfrutalas como nunca. Pero agora toca volver e imos a poñernos mans á obra, no noso caso non só coas mans sénon con todo o corpo. No arquivo déixovos a proposta para os seguintes días e a darlle duro que hai que eliminar ese ricos doces que mirei por aí que estivéchedes cociñando. Lembrar que hai un nivel para principiantes e outro máis avanzado.

Un bico en movemento para os meus lambóns-as.

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA DA 3ª SEMANA:

Bos días. As actividades para esta semana son:

Adxúntase a esta entrada un enlace co traballo para o alumnado de 2º de primaria para esta terceira semana de suspensión de clases. Son varios links con videos para repasar contidos e vocabulario esencial de uso diario.

https://docs.google.com/document/d/11EmBad79-nnRrjyYWSwuGv_AIML8Cqv_3iGHVI6dMPQ/edit

 

A coidarse e moito ánimo!!

Un saúdo!  Bye!!

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA DA 2ª SEMANA:

 Bos días. As actividades son:

Adxúntanse a esta entrada dous PDF co traballo para o alumnado de 2º de primaria para esta segunda semana de suspensión de clases. Son varias fichas de repaso das Unidades 1 e 2 para que as cumplimenten e as estuden. Se non tedes posibilidades de imprimir tamén podedes facelas oralmente, debuxándoas e copiándoas nun folio, etc.

A coidarse moito!

Un saúdo!  Bye!!

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA DA 1ª SEMANA:

Adxúntanse a esta entrada dous PDF co traballo para o alumnado de 2º de primaria para esta primeira semana de suspensión de clases. Son varias fichas de repaso da Unidade 3 e tamén da Unidade 4 que estabamos a rematar para que as cumplimenten e estuden. 

A coidarse moito !

Un saúdo! Bye!!

Distribuir contido