|
|||
|
|||
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO
Bo día, comunicámoslles que xa están dispoñibles no taboleiro do noso centro as listaxes definitivas do alumnado admitido para o vindeiro curso 2022-2023. Informámoslles de que todas as solicitudes foron admitidas. |
|||
O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro colabora con Cruz Vermella co seguinte número
Este ano, o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro colabora con Cruz Vermella coa merca deste número de lotería do Sorteo do Ouro de Cruz Vermella. Quen queira dispoñer dun destes billetes só ten que pasar polo centro a reservar o seu billete a aboar a cantidade. |
|||
O pasado venres tivemos o pracer de recibir no noso centro a Víctor Lorenzo, máis coñecido na súa terra como Víctor Lomba, un apasionado do mundo dos nenos. Con el descubrimos as últimas pegadas da nosa benquerida Pita, a gaivota mascota da nosa biblioteca que fai uns meses escapou e segue perdida por Boiro adiante. |
|||
Bolsas para estudiantes maiores de 21 anos
Veñen de convocarse bolasas de estudio para estudiantes maiores de 21. As bases e máis información no Blogue BoiroEducación. |
|||
A Miña Lingua A Túa Lingua Producción de Viravai na Casa de Cultura de Boiro
|
|||
|
|||
A ilustradora SONIA GARCÍA, visitou o noso centro e explicoulle aos nenos técnicas moi interesantes sobre a ilustración. |
|||
A parábola do angazo de Talía teatro venres 29 de abril ás 21.00 h na Casa de Cultura destinada a público xuvenil e adulto.
|
|||
4ª Xornada de Espazo Familias
O vindeiro 27 de abril desenvolverase a 4º Xornada formativa de EspazoFamiliaS 2022. Poden facer a reserva en espazofamilias.org/reserva
|
|||
Esta semana conmemoramos EASTER e fixemos distintas actividades dende o departamento de plurilingüismo: - Aprendimos vocabulario. - Cantamos e bailamos cancións de Easter. - Fixemos sopas de letras, crucigramas e coloreamos debuxos. - En Arts elaboraron Chicks e Easter Bunny dando liberdade a súa imaxinación e creatividade. |
|||
ACTUACIÓN DE 2º DE PRIMARIA
|
|||
O xogo do Hula-Hoop
O alumnado do noso centro mostra como se xoga ao Hula-Hoop!
|
|||
Bo día: Comunicámoslle que xa están publicados no taboleiro do noso centro as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2022-2023. Poden consultalas presencialmente ou empregando a Chave 365. De todos xeitos, informámoslles de que todos os que solicitaron praza no noso centro foron admitidos. |
|||
