Actividades Normalización

Actividades do Día do Libro 2020

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Recital poético de Rosalía de Castro. Alumnado de 5º e 6º E.P.

"Airiños, airiños, aires"

"Adios, ríos; adios, fontes..."

Día de Rosalía de Castro

Esta foi a homenaxe que creamos entre o alumnado de Educación Infantil para celebrar o día de Rosalía.

Feliz aniversario para a lingua galega, para a poesía e para a liberdade de elixir!!!

ENTROIDO

UN DÍA DE MERENDOLA DE ENTROIDO EN ABANQUEIRO.

QUE BOS ESTABAN OS CHURROS CON CHOCOLATE E QUE BEN O PASAMOS TODOS DISFRAZADOS!!!

DÍA DA PAZ

Bo día amig@s!

O pasado 29 de Xaneiro celebramos o día da Paz no colexio, colgamos do teito un feixe de paraugas decorados polo alumnado así como de todo o persoal do centro. Deles penduran mensaxes de paz e amor en forma de pingas.

O APALPADOR

O APALPADOR

O MAGOSTO

MAGOSTO 2020

I CONCURSO DE CONTOS DE MEDO 2020

Aquí achegamos os premiados deste

I CONCURSO DE "CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN".

Grazas pola gran participación dos nenos e nenas de 4º,5º e 6º de E.P.!!! Este ano os premiados foron:

4º E.P.

"O Misterio de Malic" por Carla Rodríguez Fernández.

5º E.P.

COIDADO! XA ESTÁN AQUÍ

Os pequn@s de 6º de E.I. quérennos meter medo con esta máscara super chula que crearon! Aí vai....

VÍDEOS TERRORÍFICOS DO SAMAÍN

Bo día a todos! Aquí vos deixamos uns vídeos do día de Samaín.

Os nen@s de infantil decoraraon as portas das súas aulas e elaboraron unhas máscaras que meten medo. Os nenos de primaria pintaron as súas propias catrinas e traballaron en diversas unidades didácticas da temática.

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Bo día amig@s!

O pasado venres 30 de outubro, celebramos no colexio o "Samaín".

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo converteu no Día de Todos os Santos. A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite, as almas dos mortos pasan pola porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias.

"CHOLO E NELA CAMIÑO DA FALA"

E para un momento de desconexión, aí vai esta canción tan marchosa de CHOLO E NELA. Xa somos fans!!!!

OS BOLECHAS

Boa tarde amig@s!!

Os nenos e nenas galegos coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentai: Scórpio.

Achegamos o enderezo para o libro en pdf. Esperamos que gocedes coa lectura!!

https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

 PROXECTO EDUCATIVO

Deixamos aquí, este proxecto didáctico da coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, inclúe o relato orixinal en formato conto cedida pola Editorial Embora, pezas musicais e unha unidade didáctica para traballar. Podedes descargar o material ou velo en liña en: http://aspitas.gal

 

CULTURA NA REDE

Bo día! achégovos a programación do 17 de maio. Promovido polo concello de Boiro.

Distribuir contido