Secretaría

Atención en tempada estival

Atención en tempada estival

Para calquera cuestión

será atendido en:

 

 

Mail:  ceip.abanqueiro@edu.xunta.gal

Telegram:  @ceipabanqueiro

Teléfono:  881866535 (agarden todos os tonos)

 

Ata o 8 de xullo, haberá servizo habitual de secretaría baixo Cita Previa. Poden solicitala aquí ou no lateral esquerdo desta web.

De non haber horario dispoñible, e de ser urxente a situación, poderá contactar conosco a través dos medios arriba indicados; preferentemente por medios escritos, tanto mail como Telegram.

 

¡A repoñer pilas para o vindeiro curso!

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS E ENTREGA DE VALES

Informámoslles que dende hoxe están publicadas as listaxes definitivas das axudas para Fondo Libros.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

A continuación podedes consultar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2022/2023: Lixtaxe

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS AXUDAS FONDO LIBROS

      PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS AXUDA FONDO LIBROS           

Solicitude de servizos complementarios continuidade/novo acceso

Solicitude de servizos complementarios continuidade/novo acceso

 

Con motivo da actualización de listaxes de usuarios de comedor e transporte que debe realizarse preceptivamente neste mes, por se é necesaria a solicitude dunha ampliación do servizo, Rogamos que nos traian cuberto, a solicitude correspondente para o alumnado.

O alumnado que actualmente está usando o servizo levará unha copia das solicitude na súa mochila, para aqueles usuarios de nova incorporación poden descargar, cubrir e entregar a solicitude axunta ou ben solicitala na secretaría do centro.

Formalización de Matrícula

Formalización de Matrícula (só para o alumnado de novo ingreso no centro)

Para aqueles que participaron no proceso de Admisión de Alumnado correspondente ao curso 2021-2022 (Novas matrículas no centro) e obtiveron praza, poden pasar polo centro para a formalización da matrícula.

Para elo deberán entregar a documentación que non axuntaran á solicitude e cubrir e asinar o impreso axunto a este post.

Fondo Libros e Axudas para Adquisición de Material

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO

 

Bo día, comunicámoslles que xa están dispoñibles no taboleiro do noso centro as listaxes definitivas do alumnado admitido para o vindeiro curso 2022-2023. Informámoslles de que todas as solicitudes foron admitidas. 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO ADMITIDO CURSO 22-23

Bo día:

Comunicámoslle que xa están publicados no taboleiro do noso centro as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2022-2023.

Poden consultalas presencialmente ou empregando a Chave 365.

De todos xeitos, informámoslles de que todos os que solicitaron praza no noso centro foron admitidos.

Áreas de influencia educativa (zonas educativas) dos centros de Boiro

ÁREAS DE INFLUENCIA EDUCATIVA DOS CENTROS DE BOIRO

Zonificación aprobada (2022)

Mapa non oficial orientativo

 

 

Con este mapa pode buscar a zona na que reside/traballa e comprobar a zona educativa á que pertence.

 

Actualización das normas de actuación perante a presentacións de casos positivos

Actualización das normas de actuación perante a presentacións de casos postivivos

Actualización a 14 de xaneiro de 2022

 

¿Que fago se o meu fillo ten síntomas compatibles coa COVID?

Se o alumnado ten calquera sintomatoloxía compatible coa COVID debe proceder como se viña facendo: NON PODE asistir ao centro educativo de maneira preventiva e debe solicitar cita co pediatra que indicará o procedemento a seguir, que habitualmente será a realización dunha PCR para descartar a COVID.

 

¿Que fago se un dos membros da miña unidade familiar é un caso positivo?

Procedemento do profesorado perante un positivo COVID

Procedemento de actuación ante un positivo COVID

  

 

Logo da realización dun test de antíxenos que de positivo debemos realizar 2 pasos: realizar a autodeclaración de caso sospeitoso e notificación de baixa.

PASO 1: Ir a Autodecalración de caso sospeitoso e cubrila para notificar o caso ao Sergas e os rastrexadores se poñan en contacto.

ENTREGA DE MÁSCARAS

A continuación poden consultar a listaxe de alumnos admitidos para a distribución de máscaras. Este listado tamén se atopa no taboleiro do centro.

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Un ano máis queremos colaborar coa fundación Unoentrecienmil a través dunha carreira solidaria que terá lugar o venres día 22 de outubro.

Pedimos a vosa colaboración para aportar 1€ por neno/a, ou a cantidade que consideredes, e así entre todos facer chegar a nosa axuda a esta investigación.

Podedes consultar máis detalles a continuación:

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Axudas económicas ás familias para a conciliación periodos de vacacións escolares a través do Bono Coidado

Axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e periodos de vacacións escolares a través do Bono Coidado

 

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares (código de procedemento BS412A), así como proceder á súa convocatoria.

 

Máis info en: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS412A&ano=2021&numpub=1&lang=gl

 

  

Distribuir contido