Novas e actualidade.

Obradoiro para os máis pequenos na Biblioteca Municipal

Dende a Biblioteca Pública Municipal de Boiro comunícase que este vindeiro sábado, día 1 de outubro, ás 11:00 h realizarase un Obradoiro Creativo destinado ás nosas crianza, máis concretamente a partir de 7 anos. Poderán experimentar cómo é o proceso na creación dun libro ilustrado así como a elaboración do seu propio libro.

 

O aforo é limitado polo tanto é necesario inscrición prevía. Esta actividade é gratuíta e esta englobada no programa "Ler conta Moito" tratando de de fomentar a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

 

Actividade de Concellería de Igualdade do Concello de Boiro

Novo programa que vai implementar a concellería de igualdade do Concello de Boiro "Miscelánea en movemento", un proxecto piloto que propón actividades en movemento para persoas adultas simultáneamente con actividades específicas de igualdade para crianzas.

 

Actividades Extraescolares da ANPA

Actividades Extraescolares da ANPA

 

Axúntase a folla de inscrición ás actividades extraescolares da ANPA. Esta folla será enviada a través das mochilas.

 

 

NOTA: Lembren que os martes NON hai profesorado de garda e polo tanto non hai servizo de garda e custodia. O alumnado de comedor debe ser recollido á 4 da tarde. A entrega dos nenos/as para cada unha das actividades do martes será directamente no pavillón.

 

Nós tamén creamos

Nós tamén creamos!

 

O alumnado de Educación Infantil vén de realizar este curso unha curta baseada no conto de OQO "O sultán e os ratos" que agardamos que vos guste.

Audición de Fin de Curso da EMB

Donación da ANPA

 

Os nosos agradecementos á ANPA Napabán, que sempre está pensando no centro, pola súa doación de material educativo de Educación Infantil; sempre necesario e que acabará mellorando a formación dos máis pequenos.

Moitas grazas!

 

Inscripción excursión CIES

Para todos aqueles que queiran inscribirse na excursión de CIES, deben falar directamente coa ANPA ou entregar a ficha de inscrición axunta o máis pronto posible.

Curso de vela

Premios do Certame de Cooperativismo no Ensino 2022

Premios do Certame de Cooperativismo no Ensino 2022

 

O noso centro vén de recibir hoxe o premio "Accésit" do Certame de Cooperativismo no Ensino 2022 pola nosa "Escultura Narrativa" que, a parte de orzamento extra para desenvolver actividades no Ciclo de Educación Infantil, nos trouxo a visita da Directora Xeral de Emprego (Margaria Ardao) e unha Obra de Teatro para os máis pequenos.

Moitísimas grazas ao profesorado activo e implicado do Equipo de Infantil e ao alumnado participante por facernos desfrutar dunha xornada como a de hoxe.

 

Veráns deportivos do Concello de boiro 2022

Veráns deportivos do Concello de Boiro 2022

 

 Publicada a oferta de actividades deportivas do Concello de Boiro para o verán 2022. O prazo de solicitudes empezará o 15 de xuño de 2022.

Axúntase tríptico e instruccións para a inscrición a través da web e correo electrónico.

 

 

Primeiros Auxilios

Formación en Primeiros Auxilios

 

O noso alunado recibiu esta semana unha completa formación en Primeiros Auxilios (polo que agradecemos a colaboración da Cruz Vermella de Boiro) co fin de ir interiorizando condutas de resposta ante posibles urxencias.

Agardamos que non teñan que empregalo nunca!

 

 

Concerto musical

Concerto musical

 

Hoxe desfrutamos dun fantástico concerto a cargo da Escola de Música de Boiro (EMB) e de varios dos nosos alumnos con formación musical.

Estes concertos de media semana... axúdannos a rematar o curso con máis ganas.

 

 

¡Naceron os pitiños!

 

O alumnado do noso centro aumentou significativamente co nacemento dos pitiños que incuvamos durante as últimas 3 semanas. ¡Que emoción e que ilusión cando eclosionaron!

Moitísimas grazas a Dani (un dos pais do centro e posiblemente un dos que máis sabe de "polos"Guiño) por guiarnos e cedernos as ferramentas axeitadas.

 

Festival Audiovisual Escolar Olloboi

 

Achégase o programa de actividades da edición 2022 do Festival Audiovisual Escolar que a Asociación Cultural Olloboi organiza dende hai máis de 10 anos.

Destacar a actuación destinada a público infantil “Show Peter Punk”, espectáculo completamente gratuíto que se realizará no Parque de A Cachada a partir das 18:00 horas do venres día 10 de maio.

No caso de que alguén queira asistir á gala de entrega de premios (Abadía de San Enrique a partir das 20:30 horas) deberá realizar unha reserva de praza a través da páxina web de Olloboi.

Premio Certame de Cooperativismo no Ensino

 

Estamos de noraboa! Fomos premiados!

Co CEIP Plurilingüe de Abanqueiro acaba de ser galardonado co Accésit ao Certame de Cooperativismo no Ensino 2022 grazas ao traballo do alumnado e profesorado do Ciclo de Educación Infantil; logo da súa participación neste certame con "Escultura Narrativa" (unha un conto, e a súa representación plástica, elaborado polo alumnado de Educación Infantil)

Distribuir contido