Sexto

Final do curso

Ola chic@s!

Como quen non quere a cousa chegamos ao último día deste estraño curso...

Lembrades o 12 de marzo? Estabamos nunha charla despois do patio, o 13 tiñamos exame de matemáticas. Ou non? Ao rematar a charla conteivos que se suspendían as clases, pero seguramente só uns días. Iso era o que pensabamos, aínda non sabiamos o que se nos viña enriba.

Correccións

Bos días!

Que tal van eses enigmas?

Adxúntovos as correccións do traballo de luns e martes e tamén as do xoves e venres da semana pasada, que as tiñamos pendentes.

Unha aperta!

Enigmas e pasatempos

Bos días chic@s!

Como vai a semana?

Fago o último envío deste curso: un conxunto de enigmas e pasatempos para que tratedes de resolvelos estes días.

Saúdos!

Traballo para o martes 16

Bos días!

O traballo para hoxe é de matemáticas. Páxinas 192-193, exercicios 1, 2, 6 e 10 (só o primeiro apartado).

Como vos dixen onte será o último día de traballo das asignaturas de clase.

Saúdos!

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 16

Hello! How are you?

Hoxe será o último día que vos poña tarefas de inglés.

Así que imos rematar o curso cunha canción con sabor a verán.

We Own the Summer de Milo Manheim

Se non nos vemos polo cole, deséxovos moita sorte na nova etapa que ides comezar o vindeiro curso.

Organización do traballo desta semana

Bos días chic@s!

Comezamos a última semana do curso. Xa queda pouco para que poidades desfrutar do voso merecido descanso!

Esta semana imos organizar o traballo de xeito diferente. O primeiro cambio será a videoconferencia, que será o venres.

Para o luns e o martes envíovos unha comprensión lectora e os últimos exercicios de matemáticas. Ningún grupo deberá enviar para corrixir. Publicarei a corrección.

Para o mércores e o xoves enviareivos un material máis lúdico: enigmas e pasatempos.

ACTIVIDADES INGLÉS LUNS 15

Hello! How are you?

Estamos a piques de rematar este curso. Moito ánimo que xa non queda nada.

Hoxe debedes facer una lección de Snappet: TV Entertainment, nela ides repasar o Superlativo.

See you!

 

Traballo para o venres 12

Ola!

Últimas tarefas da semana...

Matemáticas: Mañá venres debedes facer os exercicios 1 e 2 da páxina 188.

Lengua: facede a ficha que vos adxuntei para imprimir.

Lingua: A comprensión lectora que tamén ía para imprimir.

Entrega para corrixir o grupo 3.

Traballo para o xoves 11

Bos días chicas e chicos!

O traballo para hoxe xoves será:

- Matemáticas: exercicio 3 da páxina 186 e exercicio 1 da páxina 187.

- Lengua: exercicio 3 da páxina 196 e exercicios 6, 7 e 8 da páxina 197.

- Lingua: exercicios 2, 3 e 4 da páxina 189.

Unha aperta!

Portrait Contest winners!

Hello everybody!

Xa temos os gañadores e gañadoras do concurso de retratos de Plástica! Queremos agradecervos ademáis a vosa participación e interese nesta e en todas as actividades propostas online durante o terceiro trimestre, fixéchedes un gran traballo. 

Para escoller os gañadores, dividimos os traballos en 3 categorías, unha para os cursos de 1º e 2º, outra para os cursos de 3º e 4º e a última para os cursos de 5º e 6º. Os afortunados do Portrait contest son: ASHLEY de 1º, SARAI de 4º e ISMAEL de 5º. PARABÉNS!!!

Traballo para o mércores 10

Bos días chic@s!

O traballo para hoxe mércores será:

- Matemáticas: Ides practicar o que fixemos onte na videoconferencia. Exercicio 2 da páxina 183 e exercicio 2 da páxina 184.

- Naturais: Ler as páxinas 112 e 113 e facer "Traballa coa imaxe" da páxina 112 e o exercicio 5 da páxina 113.

- Sociais: Ler as páxinas 116 e 117 e facer o exercicio 1 da páxina 117.

ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 9

Good morning! How are you?

Hoxe déixovos unha canción en Lyricstraining, espero que vos guste, recordade que tedes que clicar en "Ir a la web":

HAPPIER - MARSHMELLO

Enjoy!

Material para imprimir esta semana

Adxunto o material a imprimir para empregar esta semana.

Saúdos.

Traballo para o luns e correccións de xoves e venres.

Ola chicas e chicos!

Que tal o fin de semana?

Mañá luns continuaremos co "relato en cadena". É o último que imos facer, así que animádevos a participar!

Lémbrovos que hai dous principios posibles:

"Aparecimos en una isla desierta"

o

"Todo era una pesadilla".

ACTIVIDADES INGLÉS LUNS 8

Good morning!

Xa estamos a piques de rematar este curso, ánimo que so queda un último esforzo.

O traballo de hoxe consiste en ler a última historia que aparece no voso libro: 

Trotter's Tours 3 nas páxinas 58-59.

See you!

Distribuir contido