Localización

Localización do CEIP Plurilingüe Abanqueiro.

Exipto 108, Abanqueiro. Boiro


Ver mapa más grande

 "Abanqueiro"
O nome de Abanqueiro vén de "banco de ostras", e xa era coñecido en tempo dos Austrias.

¿Onde está Abanqueiro?
Abanqueiro é unha pequena poboación do Concello de Boiro (A Coruña), nesta parroquia atopamos ubicados certos lugares: Exipto (onde está o noso centro escolar), Aldeagrande, Triñáns, Graso, San Martín, Chazo. Os habitantes da parroquia rondan os 4.000.

¿Como chego a Abanqueiro?
Dende Santiago de Compostela debemos coller a N-550 dirección Padrón. Tamén podemos ir a Padrón pola autopista.
En Padrón, dirixímonos pola Vía Rápida dirección Riveira, collendo a saída número 24.
Cando estemos chegando a Boiro, atoparémonos cunha primeira rotonda, na que temos que seguir rectos; volvemos a atoparnos con outra rotonda, onde colleremos cara á esquerda, para incorporarse a unha longa recta, que nos levará ata Abanqueiro.
Hai aproximadamente uns 45 Kms dende Santiago ata

¿E como chego ao Colexio?
Pois temos que seguir ata Abanqueiro, e cando nos atopemos cun cruce en forma de Y que ademáis está nunha curva, collemos a bifurcación da dereita. Uns metros adiante veremos un pequeno parque infantil con unha fonte e unha especie de pirámide de pedra.
Collemos xusto o camiño que hai despois antes dereita, e logo ata o final e á esquerda. Xa vemos o colexio..

Entorno:
Abanqueiro conta con un entorno natural excelente. O propio centro ten unha zona de bosque moi extensa, onde podemos atopar unha gran variedade de vexetación e árbores.
A praia de Mañóns e outro fermoso lugar de visita, cun bonito areal e con unha zona de piñeiros.
E non podemos esquece-la Charca de Abanqueiro, un expléndido humedal de obrigada visita para todo visitante que guste da natureza.
Sobre este humedal podemos atopar información en varias publicacións.
Polo tanto, o senderismo e as visitas a pé son unha boa opción en Abanqueiro.

O Castro de Neixón , moi coñecido na zona, é tamén un lugar recomendable.

Interesante
Abanqueiro e os seus arredores contan cunha extensa lista de lugares de interese para visitar:

    Igrexa parroquial de San Cristobo-Románica S XII.
    Capela da Nosa Señora de Exipto, no núcleo de Exipto.
    Capela á Virxe do Carme, en Chazo.
    Pazo dos Torrado.
    Pazo de A Ante.
    Capela de San Martín.
    Pazo de Agüeiros.
    Casas Solariegas -con Heráldicas-, en Quintáns.
    "Casas asoportaladas" de Abanqueiro
    Pazo de Pijuán.

Economía:
Maioritariamente vívese do marisqueo, a cultura mariña (conservas, o mexilón) está moi arraigada. De feito, a fábrica Jealsa-Rianxeira S.A. está ubicada no porto de Bodión de Abanqueiro.

Festas:
Romería á Nosa Señora de EXIPTO -1º Domingo de Agosto.
  

  Atopando o noso cole no ceo, a estrela que leva o noso nome 

 

 Para atopar a estrela "CEIPP de Abanqueiro" no ceo primeiro debedes estar no Hemisferio Sur e logo buscar a constelación de Centauro. Preme nesta ligazón para máis información

 

 

 Itinerario de Interese Cultural sobre a peregrinaxe a Santiago de Compostela

 

 No seguinte itinerario poden atopar unha ruta de de interese cultural que seguían antigamente os peregrinos que desembarcaban nas costas barbanzás e que, logo de facer todo o recorrido que finaliza na Catedral Compostelana, lles permitirá a obtención da merecida Compostela

 

  

 Máis informacións sobre o Camiño de Santiago (Ruta do mar e o río Ulla) en ArousaNorte ou en Camiño de Santiago.

  

 

 

Distribuir contido