Novas e actualidade.

Veráns deportivos do Concello de Boiro

Máis info en boiro.gal

Últimas novas do Concello de Boiro

Adeus Conchi

 

 

 

Hoxe a mágoa drenou as nosas almas ata deixarnos o máis fondo dos baleiros.

Conchi, a túa marcha prematura e inesperada deixa á familia do CEIPP de Abanqueiro moi mermada; ferida cunha dor tan inesquecible como os recordos que regalaches.

Boa viaxe, Presi!

Novo taller de EspazoFamiliaS

Novo taller de formación para Nais e Pais da man de EspazoFamiliaS e o Concello de Boiro

Próximas actividades no Concello de Boiro

Andaina solidaria

Feira empresarial

Hoxe realizamos unha "Feira empresarial" como sesión final do proxecto "A empresa e o emprendemento" que realizou o alumnado de 6º. Despois de varias semanas preparando a empresa eleborando os produtos, realizando "marketing" e devolvendo o préstamo solicitado; todas as empresas foron viables e superaron amplamente os obxectivos marcados. A continuación tendes un álbum coas fotos do desenvolvemento deste proxecto.

Charla-taller "A Alimentación en Idade Escolar"

 

O vindeiro mércores día 13 de marzo terá lugar, no CEIPP de Abanqueiro, unha charla-taller sobre A Alimentación en Idade Escolar. Esta charla forma parte dunha serie de actividades para traballar co alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (coas familias) o camiño para unha corecta e saudable alimentación.

Ademais, disporemos dun servizo de canguraxe para aqueles que o necesiten; previa reserva no correo-e ceip.abanqueiro@edu.xunta.gal.

Esta charla (e o conxunto de actividades que a forman) está financiada pola ANPA NAPABÁN a través da liña de axudas do Concello de Boiro.

O equipo de atletismo estrena equipación

 

Grazas a Carnicería Boga e Exipto Motor, o equipo de atletismo do CEIPP de Abanqueiro estrea nova equipación.

Que guapos están os campións!!

Despedida

Sempre é duro cando alguén da familia se marcha pero, sobre todo, cando aínda non é o seu tempo.

 

Adeus, José Luís!

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Novo material deportivo do centro

 

Grazas ao Concello de Boiro este ano podemos desfrutar de novo material deportivo!!

 

DÍA DA PAZ 2024

 

O pasado día 30 conmemoramos no noso centro o Día da Paz e a non Violencia.

Con tal motivo, xuntámonos no patio para cantar todos xuntos a canción Loviu de Sandra Valero, concursante de Eurovisión Junior.

E si chove que chova!

 

Desde o Equipo de Patios queremos compartir con tod@s neste enlace as melloras nas distintas zonas comúns do noso centro. 

Programa de Televisión "Pim Pam Experimenta"

 

A continuación deixámosvos o capítulo do programa "Pim Pam Experimenta" onde participa o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro:

https://xabarin.gal/videos/detail/106694-pim-pam-experimenta

  

Distribuir contido