Inglés

PUSS IN BOOTS

O alumnado de 6º de primaria representou a obra de teatro "Puss in Boots" (El Gato con Botas).

Aquí vos deixo a mostra da representación.

Parabéns!! Fixéstelo xenial!

CHAMELEON THEATRE

O vindeiro luns 18 o alumnado do centro desprazarase ata o Centro Social de Abanqueiro para asistir a unha representación teatral en inglés ofrecida pola compañía madrileña Chameleon.

Estas son as obras ás que asistirá o alumnado en función do seu nivel:

       

PEN-PALS FROM RUSSIA

Este ano fixemos uns amigos en Rusia e gravamos este video para respostar as súas preguntas. Nós tamén quixemos sabes cousas sobre eles.

 

DRESSING UP FOR CARNIVAL

Boas familias,

Hoxe en 3º de primaria rematamos a unidade 3 sobre a roupa xogando ao "Impostor". Cadaquén disfrazouse cos accesorios que quixo sobre o vocabulario desta unidade e a través da estructura gramatical "Is he/she wearing...? Yes, he/she or No, he/she isn't" o alumnado debía adiviñar quen era o impostor. 

Pasamos un rato divertido e puxemos en práctica todo o aprendido durante estas sesións previas. Aquí vos deixo unha pequena mostra.

ONE EURO CHALLENGE

O alumnado de 5º de primaria participou no seguinte reto:

"Cadaquén tiña que mostrar cousas que puideran mercar cun euro"

Parabéns para todos, estou moi orgullosa do voso traballo!!

Déixovos o vídeo a continuación:

LEARNING STATIONS

Este curso continuamos poñendo en práctica as estacións de aprendizaxe (learning stations) onde adicamos unha estación a cada unha das 4 destrezas: listening, reading, writing and speaking. O resultado é sempre moi positivo.

Nesta ocasión o alumnado de 4º de primaria está repasando as horas e as rutinas diarias.

MY RECIPE

Estas semanas o alumnado de 6º de primaria estivo aprendendo a redactar unha receita en inglés.

Fixeron as súas presentacións e puidemos degustar os deliciosos pratos que elaboraron. 

Esta recetas formarán parte dun recetario que imos elaborar en varios idiomas.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración. Estaba todo riquísimo!!

TEATRO INGLÉS EN SANTIAGO

 

O alumnado de 3º a 6º de primaria asistiu o pasado 17 de febreiro a unha obra de teatro en inglés: Treasure Island. Aproveitamos a visita para coñecer o Museo do Pobo Galego e o Museo de Arte Contemporáneo.

 

 

HALLOWEEN ENGLISH ACTIVITIES

Ao longo desta pasada semana estivemos aprendendo e repasando vocabulario sobre Halloween a través de xogos, cancións e vídeos.

Que ben o pasamos!!!

SPEAKING ACTIVITY 4º

O alumnado de 4º estivo repasando o contido desta unidade 1: Physical Description cun xogo moi divertido onde tiñan que adiviñan quen era o intruso empregando para iso preguntas co verbo Have got.

VIDEO RESUMO PROGRAMA EDUEXCHANGES

Aquí vos deixo un pequeno video resumo da nosa participación no programa EduExchanges promovido pola Consellería de Educación. Estas foron algunhas das  actividades levadas a cabo ao longo deste curso co alumnado de 5º de primaria e o centro Eskisehir Barbaros Primary School de Turquía.

EASTER 2022

Esta semana conmemoramos EASTER e fixemos distintas actividades dende o departamento de plurilingüismo:

- Aprendimos vocabulario.

- Cantamos e bailamos cancións de Easter.

- Fixemos sopas de letras, crucigramas e coloreamos debuxos.

- En Arts elaboraron Chicks e Easter Bunny dando liberdade a súa imaxinación e creatividade.

THE LANGUAGE MAGICIAN

O alumnado de 4º estivo levando a cabo ao longo dunha semana o proxecto The Language Magician.

Primeiro fixemos distintas actividades na aula e no salón de actos cun enfoque totalmente lúdico que nos serviu para repasar diferentes temáticas que logo lles farían falla para converterse en aprendices de bruxos e salvar aos animais que Winivil, un mago malvado, tiña secuestrados no alto dunha torre.

O último día se adentraron no videoxogo a través do uso de Ipads, onde tiveron que ir resolvendo actividades orais e escritas en inglés para conseguir liberar aos animais.

SELO DE CALIDADE eTWINNING 2021

Hoxe recibimos un pequeno agasallo para os nenos e a placa

conmemorativa do Selo de Calidade recoñecido ao noso centro polo

proxecto eTwinning do curso pasado: LINGOTURE.

 

Moi contentos despois do traballo!

VIDEO AUXILIAR CONVERSA BUM BUM BOLE

Onte foi o último día da nosa auxiliar de conversa india no noso centro.

Sabemos que todos a imos botar moito de menos. Algo que recordarán todos os nen@s do seu paso polo noso cole é a canción de Bum Bum Bole que tanto bailamos en clase dende a súa chegada. Esta canción aparece nunha película india e o seu protagonista é un mestre de educación primaria.

Suparva fixo un pequeno vídeo recopilando anacos de baile en tódolos cursos. Espero que vos guste tando coma aos nenos.

Distribuir contido