blogue dearanchapernas

PUSS IN BOOTS

O alumnado de 6º de primaria representou a obra de teatro "Puss in Boots" (El Gato con Botas).

Aquí vos deixo a mostra da representación.

Parabéns!! Fixéstelo xenial!

CHAMELEON THEATRE

O vindeiro luns 18 o alumnado do centro desprazarase ata o Centro Social de Abanqueiro para asistir a unha representación teatral en inglés ofrecida pola compañía madrileña Chameleon.

Estas son as obras ás que asistirá o alumnado en función do seu nivel:

       

PEN-PALS FROM RUSSIA

Este ano fixemos uns amigos en Rusia e gravamos este video para respostar as súas preguntas. Nós tamén quixemos sabes cousas sobre eles.

 

DRESSING UP FOR CARNIVAL

Boas familias,

Hoxe en 3º de primaria rematamos a unidade 3 sobre a roupa xogando ao "Impostor". Cadaquén disfrazouse cos accesorios que quixo sobre o vocabulario desta unidade e a través da estructura gramatical "Is he/she wearing...? Yes, he/she or No, he/she isn't" o alumnado debía adiviñar quen era o impostor. 

Pasamos un rato divertido e puxemos en práctica todo o aprendido durante estas sesións previas. Aquí vos deixo unha pequena mostra.

DÍA DA PAZ 2024

 

O pasado día 30 conmemoramos no noso centro o Día da Paz e a non Violencia.

Con tal motivo, xuntámonos no patio para cantar todos xuntos a canción Loviu de Sandra Valero, concursante de Eurovisión Junior.

ONE EURO CHALLENGE

O alumnado de 5º de primaria participou no seguinte reto:

"Cadaquén tiña que mostrar cousas que puideran mercar cun euro"

Parabéns para todos, estou moi orgullosa do voso traballo!!

Déixovos o vídeo a continuación:

LEARNING STATIONS

Este curso continuamos poñendo en práctica as estacións de aprendizaxe (learning stations) onde adicamos unha estación a cada unha das 4 destrezas: listening, reading, writing and speaking. O resultado é sempre moi positivo.

Nesta ocasión o alumnado de 4º de primaria está repasando as horas e as rutinas diarias.

CHRISTMAS DECORATIONS


Durante estas últimas semanas de clase, o alumnado de primaria estivo facendo distintas actividades para decorar o centro:

o alumnado de 1º e 2º de primaria fixo unhas bolas de neve,

o de 3º e 4º unhas guirnaldas con teas e

o de 5º e 6º uns calcetíns de Nadal (Christmas Stockings), que eles mesmos recortaron e coseron empregando restos de teas, continuando así co proxecto de centro deste curso baseado na reciclaxe e bo uso dos recursos.

THANKSGIVING

Na última semana de novembro, na área de Arts, conmemoramos o Día de Acción de Grazas, Thanksgiving, tradición americana que o noso auxiliar Sean nos explicou en que consiste e como a celebran en Florida, na súa cidade de orixe.

     

HALLOWEEN

O alumnado de primaria levou a cabo diferentes activiades de plástica relacionadas con Halloween, unha delas foi un mural colaborativo coa técnica da pintura soplada.

Logo de deixalo secar, cadaquén deu forma á súa criatura fantástica.

Entre todos tamén pensaron nun título arrepiante.

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Un ano máis vos convidamos a participar na carreira solidaria contra a leucemia infantil que se celbrará no noso centro o venres día 20 de outubro ás 13h.


Queremos agradecer a vosa colaboración. Grazas a todos nesta edición recaudamos 575,90€.

A vosa meta é a nosa meta!


Axuntamos xustificante de ingreso.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

A continuación podedes consultar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2023/2024:

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS EN FONDO LIBROS, LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Listaxe Definitiva de Admitidos en Fondo Libros, Libros de texto e material escolar 

Fondo Libros

 

Publicada a Listaxe Definitiva de Admitidos en Fondo Libros, aquisición de libros de texto e material escolar no tabolerio do centro.

Tamén poden consultala a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave365 ou Certificado Dixital.

Segundo a Orde 10 de maio do 2023 (DOG Núm. 94) as listaxes só se poden consultar no taboleiro do centro e indican os libros asignados. No caso de que lle asignaran 4 libros deberá comprobar cales ten que mercar. Aqueles que non lle fora asignado ningún libro ou que non presentara a solicitude deberán mercar a totalidade dos libros de texto.

 

RANGOLI

Con motivo da celebración de DIWALI na India, a nosa auxiliar de conversa explicou ao alumnado en que consiste esta festividade, que simboliza victoria do ben sobre o mal. Nas casas indias adoitan facer mosaicos con arroz, fariña seca, area pintada e pétalos de flores para decoralas chamados RANGOLI.

O alumnado de 5º e 6º fixo unha represetación similar empregando pratos de cartón, papeis de cores, troqueles, pompóns, etc.

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS

 

Distribuir contido