blogue defran.alonso |
|
|||
Coa recente dixitalización galopante da educación vémonos na necesidade de crear de xeito inmediato unha grande cantidade de contido e de actividades (exercicios) para poder avaliar o mesmo. A Plataforma Moodle que nos ofrece a Consellería de Educación é moi boa e completa (de seguro que en vindeiros anos mellorará e ogallá se poida adaptar máis aos máis pequenos) pero a realización de exercicios é algo lenta, e iso tendo en conta que nos últimos anos mellorou moito. |
|||
Atención en tempada estival Para calquera cuestión será atendido en:
Mail: ceip.abanqueiro@edu.xunta.gal Telegram: @ceipabanqueiro Teléfono: 881866535 (agarden todos os tonos)
Ata o 8 de xullo, haberá servizo habitual de secretaría baixo Cita Previa. Poden solicitala aquí ou no lateral esquerdo desta web. De non haber horario dispoñible, e de ser urxente a situación, poderá contactar conosco a través dos medios arriba indicados; preferentemente por medios escritos, tanto mail como Telegram.
¡A repoñer pilas para o vindeiro curso! |
|||
|
|||
|
|||
Acabamos de mercar algún material deportivo novo para ampliar as nosas ferramentas de traballo e repoñer algún material estragado. ¡Que ben o imos a pasar grazas ao Concello de Boiro! |
|||
Para a configuración da WIFI edu.xunta.ga nos dispositivos do centro seguir as instrucións do manual axunto. Lembrade que en IOS é necesario descargar un arquivo de perfil https://i.gal/wifiios |
|||
Poden descargar a folla de inscricón no pdf axunto máis abaixo. |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Este venres celebramos a carreira solidaria contra a Leucemia Infantil en favor da fundación Unoentrecienmil, onde participaron tanto alumnado e profesorado como familias. Entre todos recaudamos 622,70€ Moitas Grazas!
No seguinte enlace podedes acceder á galería de fotos: https://photos.app.goo.gl/wgmbWqGCf34cKnfY6 E aquí vos deixamos o xustificante da fundación: |
|||
SAMAÍN (Actualizado)
Coma sempre, os nosos agradecementos á ANPA Napabán pola súa colaboración valiosa e desinteresada co centro coa única finalidade de que o noso alumnado sexa un pouco máis feliz. Fantástico Samaín! No seguinte enlace podedes acceder á galería de fotos: https://photos.app.goo.gl/HpiXf7pWwZmNFLWM7 Tamén vos deixamos o enlace ao obradoiro de cabazas: https://photos.app.goo.gl/h3DPZ1dqxX2j85up8
|
|||||||
|
|||
O vindeiro 6 de novembro (domingo) celebrarase o Día da Bici no Concello de Boiro. A saída, se fai bo tempo, realizarase ás 11:30 dende a Praza de Galicia. O Concello pide ás súas disculpas polos defectos organizativos/informativos alleos ao mesmo Concello e lembra que é necesario unha inscrición por cada asistente; co fin de organizar anvixilancia e avituallamento. Polo que, de ir unha nena e a súa nai, debería entregarse unha inscrición pola nena (coa correspondente autorización) e unha inscrición pola nai. Axunto poden atopar un imprimible da inscrición que poden entregar no centro ou, preferiblemente, na sección de Deportes do Concello de Boiro en A Cachada.
|
|||
