Prazo de Reserva, Admisión e Matrícula

reserva

Prazos de Solicitude de Reserva, Admisión e Formalización de Matrícula

2023-2024

 

 

Este ano, 2023, os prazos de reserva e matrícula modifícanse un pouco con respecto doutros.

 

Prazo de Reserva: O prazo de reserva de matrícula (que afecta ao alumnado que vai dun centro adscrito a outro, como é o caso do alumnado de 6º de primaria que quere reservar praza no IES Plurilingüe de A Cachada) será dende o día 16 de xaneiro ate o 6 de febreiro.

 

Prazo de Admisión: Dirixido ás novas incorporacións ao centro (ben porque non pertenzan a ningún centro adscrito -como é o alumnado de A Galiña Azul ou os de 6º de primaria que van a un instituto distinto de A Cachada- ou ben porque sexan nenos aínda sen escolarizar). O prazo de Solicitude de Admisión será dende o 1 de marzo ata o 20 dese mesmo mes. E podedes empregar o documento ED550B que se axunta (dispoñible en canto a Consellería o publique) ou a través do procedemento ED550B da Sede Electrónica.

 

Prazo de Formalización de Matrícula: Destinado a confirmar (e rematar de entregar documentación, de ser o caso) a formalización da matrícula no centro. Coma en anos anteriores será no mes de xuño.

 

Para todos estes trámites teñen activado o noso servizo de Cita Previa (moi sinxelo de empregar) na marxe esquerda a este texto.

 

Na páxina da Consellería de Educación teñen máis información. Tamén poden chamar ao centro.

 

 

Respostas a algunhas preguntas recibidas no centro:

  • A xustificación do domicilio farase mediante certificado de empadronamento onde figure tota a unidade familiar e deberá constar unha data de alta no padrón con anterioridade a un ano ao inicio do proceso (Salvo en situacións debidamente xustificadas). En caso de haber baremo, a Xefetura Territorial terá en conta o Domicilio Fiscal que, de non coincidir co domicilio familiar, deberá ser acriditado conforme ao Art. 15.2 da Orde do 21 de outubro de 2022.
  • Xa non existe "A excepcionalidade de poder considerar domicilio familiar do alumno/a o domicilio dun parente" pois debe ser o domicilio habitual con un ano de antigüidade.
  • Para garantir a matriculación de alumnado con NEE (A catalogación das NEE é a contemplada na Lei Orgánica 3/2020 de Educación) resérvanse 3 prazas, que de non cubrirse con este tipo de alumnado serán dispostas ao alumnado común.
  • Solicitudes de comedor e transporte. Debido á alta demanda do servizo, realizarase unha baremación das solicitudes recibidas durante o mes de xuño para poder proceder dacordo o estipulado na normativa vixente. Para o vindeiro curso contaremos con poucas prazas de comedor polo que a finais de xuño, de ser necesario, solicitaráselle unha ampliación de usuarios á Consellería (algo que non semella sinxelo).

 

Información sobre o baremo:

 

Criterios de Baremado

Orde 12 marzo 2013

CriterioPuntaxeAcreditación

 

1. Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro

 

  • Polo 1º fillo/a: 8 puntos.
  • Por cada un dos seguintes: 2 puntos.

 

 

Propio centro educativo. Ata un máximo de 14 puntos.

 

2. Nai, pai, titora ou titor que traballe no propio centro educativo

 

         3 puntos 

 

 

Propio centro educativo

 

3. Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dos proxenitores ou titores

 

  • Vivenda na área de influencia: 8 puntos.
  • Vivenda en área limítrofe: 4 puntos.

-- ou --

  • Traballo na área de influencia: 6 puntos.
  • Traballo en área limítrofe: 3 puntos.

 

 

En caso de proximidade do comicilio; Padrón da unidade familiar con data de alta anterior ao 1 de marzo (ou título que lexitime a ocupación real da vivenda) de 2022 e consentemento na solicitude.

O Domicilio familiar e fiscal debe coincidir.

En caso de proximidade do lugar de traballo: Certificación da empresa contratante.

 

Puntuarase só polo que aporte máis puntuación: domicilio familiar ou lugar de traballo. Non son acumulables.

Se hai dúbidas ou situcións excepcionais, consulten co centro.

 

4.  Renda anual per cápita da unidade familiar de dous anos antes que o ano actual. É dicir a Renda 2021 (a que se presentou o ano pasado)

 

Con respecto do IPREM (Dis. Adic. 121o)

  • Menos de 0,5 veces (3 puntos)
  • 0,5 ou menos de 0,75 veces (2 puntos)
  • 0,75 ou menos de 1 vez (1 punto)
  • Igual ou superior ao IPREM (0 puntos)

 

 

Con consentemento na solicitude

 

5. Condición de familia numerosa

 

  • Familia numerosa Especial (3 puntos)
  • Familia numerosa Xeral (2 puntos)

 

 

Copia do título de familia numerosa

 

5. Alumnado nado de parto múltiple.

 

  • 2 irmáns nados de parto múltiple que se matriculen no centro (8 puntos)
  • Máis de 2 irmáns nados de parto múltiple que se matriculen no centro (10 puntos)

 

 

Documentoación acreditativa.

 

6. Condición de familia monoparental

 

        2 puntos

 

 

Nos supostos contemplados na Orde do 21 de outubro de 2022

 

7. Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en calquera dos seus proxenitores, titores, irmás ou irmáns (igual ou superior ao 33%)

 

En función de quen teña a discapacidade:

  • Alumno solicitante (4 puntos)
  • Proxenitor (3 puntos)
  • Irmá ou irmán (1 punto)

 

 

Certificación acreditativa en vigor.

 

8. Condición de víctima de violencia de xénero.

 

 

         2 punto

 

 

Documentación acreditativa en vigor.

 

 

9. Condición de víctima de terrorismo.

 

 

         2 punto

 

 

Documentación acreditativa en vigor.

 

 

10. Criterio establecido por cada centro educativo: Outorgaráselle 1 punto a quen teña a residencia familiar ou sede de traballo dentro da Área de Influencia do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro.

 

 

         1 punto

 

 

A documentación a aportar será a que se require no apartado 3.

 

 *Será imprescindible entrega a documentación acreditativa para poder baremar no apartado correspondente.

  

 

 Criterios de desempate (nesta mesma orde):

  1. Puntuación total.
  2. Irmáns no centro.
  3. Proximidade ao centro.
  4. Renda per cápita.
  5. Proxenitores traballando no centro.
  6. Familia numerosa.
  7. Alumnado nado de parto múltiple.
  8. Familia monoparental.
  9. Discapacidade.
  10. Condición de víctima de violencia de xénero.
  11. Condición de víctima de terrorismo.
  12. Criterio do centro educativo, se é específico.
  13. Orde alfabética do primeiro apelido (as letras seleccionadas no sorteo son "..." e "..." para a primeira e segunda letras).
  14. Orde alfabética do segundo apelido (as letras seleccionadas no sorteo son "..." e "..." para a primeira e segunda letras).
  15. Orde alfabética do nome.
  16. Sorteo.

  

Criterios de baremación dos servizos complementarios:

Criterios de selección (Instrucción conxunta 1/2021) de usuarios de transporte

Criterios de selección de usuarios de comedor escolar

1º- Alumnado de ensino obrigaqtorio e segundo ciclo de infantil situado dentro da área de influencia a unha distancia igual ou superior a 2 km. (é dicir, usuario lexítimo)

2º- Alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de infantil situado a unha distancia inferior a 2 km e superior a 1 km.

3º- Alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden coas áreas de influencia fixadas.

4º- Alumnado que por proximidade xeográfica solicite a utilización de liñas de transporte correspondentes a centros distintos aos que estea matriculado.

Os criterios de priorización en cada un dos anteriores puntos (regulados nas NOF do centro) serán:

1º- Alumnado con discapacidade igual ou superior a 33%.

2º- Situación socio-económico-familiar desfavorable ou familia numerosa.

3º- Incompatibilidade de horario laboral-escolar desmostrada de ambos os dous proxenitores/titores.

4º- Menor de idade do alumnado.

5º- Maior distancia do domicilio familiar.

 

Nota: Non facer uso regular* do servizo por causas non xustificadas, poderá supoñer a perda da condición de usuario; especialmente se existen solicitudes en listaxe de espera.

 * Sistemático e continuado no tempo. Non se pode considerar "uso regular" asistir ao comedor días puntuais, non semanais e carentes de frecuencia. É necesario destacar que o servizo debe ser para que o necesita.

1º- Usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior (é dicir, usuario de dereito) ou irmán de usuario de dereito. Salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.

2º. Alumnado usuario lexítimo do transporte escolar. Apartado primeiro dos criterios de selección de usuarios de transporte escolar.

3º- Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación económica de exclusión social ou con discapacidade igual ou superior ao 33%.

4º- Alumnado fillo de pais e nais titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais coa saída do seu fillo ao medio día.

5º- Outro alumnado do centro. Incluídos os escolarizados voluntariamente fóra de área de influencia.

6º- Persoal docente e non docente.

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

AdxuntoTamaño
Anexos ED550B en galego.pdf1.38 MB
Anexos ED550B en castelán.pdf1.38 MB
Manual de matriculación para Familias.pdf1.15 MB