Coa recente dixitalización galopante da educación vémonos na necesidade de crear de xeito inmediato unha grande cantidade de contido e de actividades (exercicios) para poder avaliar o mesmo. A Plataforma Moodle que nos ofrece a Consellería de Educación é moi boa e completa (de seguro que en vindeiros anos mellorará e ogallá se poida adaptar máis aos máis pequenos) pero a realización de exercicios é algo lenta, e iso tendo en conta que nos últimos anos mellorou moito. A continuación déixovos dúas ferramentas que nos permiten a creación máis rápida de preguntas para Moodle e que logo podemos importar de xeito rápido. Estas ferramentas baséanse en evitar cos continuos cambios de pantalla (que ralentizan moito o proceso) e en eliminar a maior parte de opcións que nos permite Moodle para que sexan autocompletadas de xeito automático. É dicir, permítennos a creación de preguntas tipo de xeito rápido. ¡Invítovos a que as probedes!
|
||||||||