Música

Actividades durante o peche na casa

Durante este días convídovos a que entredes no Blogue de Educación Musical (O Chifro)

Estivo un pouco parado debido ao volume de traballo pero irei poñendo alí algunhas indicacións de cara a estes días.

¡Saudiña e ánimo!

Cantamos no Día da Paz.

Para rematar as actividades do Día da Paz, todo o alumnado do centro reuniuse para cantar. Queres vernos? Pois aquí vai:

O grupo de pandereteiras do cole

As nosas pandereteiras do cole de Abanqueiro están a preparar unha peza para darvos unha sorpresa a través da radio. Lembrades o noso proxecto de radio escolar? Pois en breve escoitarédelas nela.

De momento están cos arranxos e ensaios… as pandereitas xa están botando fume, seguro que farán unha gran actuación. Ánimo a todas elas!!!

Aquí tedes as fotos dos ensaios:

Distribuir contido