Arts & Crafts |
O alumnado de primaria comezou este curso cunha actividade en Arts que lles encanta: Ephemeral Nature Art, que consiste en recoller obxectos da natureza e facer libremente unha composición. Logo deben poñerlle título e explicar en qué consiste. Son uns grandes artistas! |
|||
O alumando de primaria elaborou uns murais mois terroríficos co motivo da celebración de Halloween. |
|||
Este curso contamos de novo coa colaboración da nosa auxiliar de conversa Superva Ogra que ven dende a India. O primeiro día estivemos facendo algún xogo, amosounos á súa recente viaxe á India onde asistiu á boda da súa irmá e aprendemos moito dos traxes típicos, da celebración e da comida tradicional. Rematamos a sesión facéndonos tatuaxes de henna como lle fan á noiva o día anterior da voda. |
|||
O 30 de xaneiro conmemoramos o "Día da Paz e a non violencia" e dende o departamento plurilingüe de plástica fixemos unha pomba empregando diferentes texturas: o alumnado de 1º de primaria foi o encargado de pegar algodón, o de 2º do papel pinocho, 3º de plastilina, 4º de envoltorios de magdalenas, 5º de arroz e 6º de porespán. Entre todos fixemos esta bonita pomba: |
|||
Un ano máis, o noso centro participa nun proxecto de intercambio de postais de Nadal a través de eTwinning. Despois de que o curso pasado este intercambio tivera que ser telemático por mor da pandemia, este curso retomamos o intercambio de forma física e as postais elaboradas polo alumnado de primaria viaxarán ata Turquía, Portugal, Croacia, Finlandia, Eslovaquia, República Checa, Lituania, Grecia, Rumanía, Italia e tamén a Santiago de Compostela. Esperamos ansiosos recibir as nosas postais. |
|||
O alumnado de primaria estivo a traballar o arte abstracto. Imitaron unha das obras e estilos máis característicos de Mondrian experimentando con papel celofán, as cores primarias, as formas xeométricas básicas e as liñas. |
|||
Esta semana en plástica traballamos o Arte Efímero coa Natureza. O alumnado de primaria empregou a súa imaxinación para dar forma a diferentes obxectos cos materiais que atopou no noso patio. Este foi o resultado das súas creacións: |
|||
