blogue dearanchapernas |
Dende o departamento de Arts fixemos varias cousiñas para conmemorar o Día da Paz: un mural colaborativo e unha coroa por cada aula de primaria. |
|||
Hoxe recibimos un agasallo dende Polonia que nos fixo moita ilusión. Na cidade de Torun teñen unha das máis importantes fábricas de xenxibre e dende alí nos enviaron varias galletas para probar: de limón, con ciruela, con chocolate... e para os alumnos de 4º e 6º unha barriña de chocolate. Recibimos con moito entusiasmo este agasallo: |
|||
Nesta ocasión o alumnado de 4º e 6º de primaria gravou un video dicindo o abecedario en lingua castelá que verá o resto de países participantes. Xa puidemos ver como é o abecedario en ruso e en turco! |
|||
Queremos agradecer o traballo e o esforzo das nenas e nenos de Abanqueiro nas diferentes actuacións do Festival de Nadal. Tamén queremos agradecer a colaboración das familias para que de forma cívica este acto se puidera levar a cabo. No seguinte enlace podedes atopar todas as actuacións: |
|||
O alumnado de 6º de primaria e parte do alumnado de 4º presentaron como se din algunhas asignaturas en inglés e en castelán aos demais países participantes neste proxecto eTwinning (Turquía, Polonia, Italia, Rusia, Letonia e Croacia) |
|||
O alumnado de 4º de primaria presentou ante o resto de países participantes neste proxecto de eTwinning como se din os principais saúdos en inglés e en castelán. |
|||
Seguindo co noso proxecto deste primeiro trimestre, a Astronomía, onte o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, tivo a oportunidade de adentrarse nun planetario e facer unha viaxe espacial ata a lúa. Pasamos ao ladiño de moitos planetas e aprendimos un montón de cousas sobre a noso Sistema Solar. Foi apaixonante!! |
|||
O pasado venres conmemoramos no noso centro "O Magosto". O alumnado comeu castañas no recreo, fixemos unha pequena fogata e puidemos disfrutar coas actuacións das cativas e cativos: houbo bailes, cantigas, raps, adiviñas e refráns e ata unha canción en inglés. Unha vez máis, queremos agradecer o traballo da ANPA no asado das castañas. Moitas grazas polo voso tempo!!! Déixamosvos un recopilatorio de fotos no seguinte enlace: |
|||
A seguinte actividade que fixemos foi un intercambio de postais cun colexio de Italia. Estas son as postais que nos enviaron: O alumnado de 4º e 6º de primaria respondeu a cada un dos novos amigos italianos presentándose e contando un pouquiño da súa vida. Esperamos que lles faga tanta ilusión coma a nós!! |
|||
O alumnado de primaria comezou este curso cunha actividade en Arts que lles encanta: Ephemeral Nature Art, que consiste en recoller obxectos da natureza e facer libremente unha composición. Logo deben poñerlle título e explicar en qué consiste. Son uns grandes artistas! |
|||
Este luns visitou o noso centro Sara Barbeito, enxeñeira aeroespacial, que nos ensinou un montón de cousas sobre a vida no espazo e como chegar a ser astronauta. Moitas grazas Sara! |
|||
O alumando de primaria elaborou uns murais mois terroríficos co motivo da celebración de Halloween. |
|||
Ao longo desta pasada semana estivemos aprendendo e repasando vocabulario sobre Halloween a través de xogos, cancións e vídeos. Que ben o pasamos!!! |
|||
O alumnado de 4º estivo repasando o contido desta unidade 1: Physical Description cun xogo moi divertido onde tiñan que adiviñan quen era o intruso empregando para iso preguntas co verbo Have got. |
|||
Este curso contamos de novo coa colaboración da nosa auxiliar de conversa Superva Ogra que ven dende a India. O primeiro día estivemos facendo algún xogo, amosounos á súa recente viaxe á India onde asistiu á boda da súa irmá e aprendemos moito dos traxes típicos, da celebración e da comida tradicional. Rematamos a sesión facéndonos tatuaxes de henna como lle fan á noiva o día anterior da voda. |
|||
