Matrícula |
|
|||
Admitidos no centro e formalización de matrícula
No taboleiro do centro están expostas as listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2021-2022. Todo o alumnado que solicitou admisión está admitido. Todos aqueles que non entregaran o documento de formalización de matrícula poderán facelo descargando, cuprimentando e entregando o documento axunto.
|
|||
ADMISIÓN DE ALUMNADO Listaxe de admitidos Axunto publícanse as listaxes de admitidos no proceso de Admisión de Alumnado. Este alumnado debe agora proceder ao proceso de Formalización de Matrícula que se esplica NESTA LIGAZÓN. |
|||
A Resolución do 5 de maio de 2020 (DOG 6/5/2020) establece a reapertura do prazo de matrícula dende o 11 ata o 18 de maio. Temos problemas co porteiro automático e o persoal pode que esté facendo outro tipo de traballos fóra da oficina, noutras dependencias do centro. Sería convinte que concertasen cita e/ou avisasen con antelación de que se presentarán no centro para evitar que estén agardando bastante tempo fóra do portal. ESTO É SÓ PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO NO CENTRO Graciñas e desculpen as molestias. |
|||
Informamos que o prazo de admisión para aqueles alumnos que inician a súa escolarización ou para os que cambian de centro educativo estará aberto do 1 de marzo ao 1 de abril (a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, con certificado dixital ou Chave365). As solicitudes pódense cubrir online no seguinte enlace admisiónalumnado ou descargalas máis abaixo e entregalas posteriormente no colexio. |
|||
A continuación adxuntamos a listaxe definitiva de alumnos e alumnas admitidos para o vindeiro curso 2019-2020. |
|||
Informamos que está aberto o prazo de matrícula para o curso 2018-2019 para o alumnado que se matricula por primeira vez ou para os que cambian de centro. O prazo para presentar as solicitudes abrangue dende o día 1 ata o 20 de marzo. A solicitude da matrícula pódese recoller na conserxería do colexio ou cubrila online na aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado e entregala posteriormente na secretaría do centro educativo. |
|||
NOTA INFORMATIVA: Segundo o establecido na nova Orde do 25 de xaneiro do 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013, - O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, que desexe cambiar a outro centro ou o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, deberá presentar no centro de orixe (o noso) ou a través da aplicación "admisionalumnado" (www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado ED550B que se adxunta como Anexo II desta orde. O prazo de presentación de solicitudes estará comprendido entre o 1 e o 20 de marzo. OUTRAS NOTAS DE INTERESE 4.- O alumnado que se matricula por primeira vez neste centro, aparte dos impresos de matrícula necesarios, debe entregar a autorización para o uso da imaxe na web do centro. DOCUMENTOS PARA A MATRÍCULA: Para formalizar a matrícula do seu fillo , debe presentar na Secretaría deste Centro a seguinte documentación: ANEXOS - IMPRESOS A PRESENTAR. (tamén podes pedilos na secretaría do Centro) ANEXO II Solicitude de admisión (ED550B) ANEXO III-1 Formulario de matrícula en educación infantil e primaria. Só para alumnado que se matricula por primeira vez no centro: Autorización para uso das imaxes na web, declaración xurada transporte e outros permisos (tamén dispoñibles como ficheiros adxuntos). |
|||
