Prazos de Solicitude de Reserva, Admisión e Formalización de Matrícula
2024-2025
INFORMAMOS DE QUE XA ESTÁN PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNAS E ALUMNOS ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO, RESULTANDO ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS
Data a ter en conta:
O prazo de confirmación de matrícula é durante o mes de xuño. Dispoñen de documento de formalización (Anexo III) en axuntos.
Este ano, 2024, os prazos de reserva e matrícula modifícanse un pouco con respecto doutros.
Prazo de Reserva: O prazo de reserva de matrícula (que afecta ao alumnado que vai dun centro adscrito a outro, como é o caso do alumnado de 6º de primaria que quere reservar praza no IES Plurilingüe de A Cachada) será dende o día 16 de xaneiro ate o 6 de febreiro.
Prazo de Admisión: Dirixido ás novas incorporacións ao centro (ben porque non pertenzan a ningún centro adscrito -como é o alumnado de A Galiña Azul ou os de 6º de primaria que van a un instituto distinto de A Cachada- ou ben porque sexan nenos aínda sen escolarizar). O prazo de Solicitude de Admisión será dende o 1 de marzo ata o 20 dese mesmo mes. E podedes empregar o documento ED550B que se axunta (dispoñible en canto a Consellería o publique) ou a través do procedemento ED550B da Sede Electrónica.
Prazo de Formalización de Matrícula: Destinado a confirmar (e rematar de entregar documentación, de ser o caso) a formalización da matrícula no centro. Coma en anos anteriores será no mes de xuño.
Para todos estes trámites teñen activado o noso servizo de Cita Previa (moi sinxelo de empregar) na marxe esquerda a este texto.
Na páxina da Consellería de Educación teñen máis información. Tamén poden chamar ao centro.
Respostas a algunhas preguntas recibidas no centro:
- A xustificación do domicilio farase mediante certificado de empadronamento onde figure tota a unidade familiar e deberá constar unha data de alta no padrón con anterioridade a un ano ao inicio do proceso (Salvo en situacións debidamente xustificadas). En caso de haber baremo, a Xefetura Territorial terá en conta o Domicilio Fiscal que, de non coincidir co domicilio familiar, deberá ser acriditado conforme ao Art. 15.2 da Orde do 21 de outubro de 2022.
- Xa non existe "A excepcionalidade de poder considerar domicilio familiar do alumno/a o domicilio dun parente" pois debe ser o domicilio habitual con un ano de antigüidade.
- Para garantir a matriculación de alumnado con NEE (A catalogación das NEE é a contemplada na Lei Orgánica 3/2020 de Educación) resérvanse 3 prazas, que de non cubrirse con este tipo de alumnado serán dispostas ao alumnado común.
- Solicitudes de comedor e transporte. Debido á alta demanda do servizo, realizarase unha baremación das solicitudes recibidas durante o mes de xuño para poder proceder dacordo o estipulado na normativa vixente. Para o vindeiro curso contaremos con poucas prazas de comedor polo que a finais de xuño, de ser necesario, solicitaráselle unha ampliación de usuarios á Consellería (algo que non semella sinxelo).
Información sobre o baremo:
Criterios de Baremado Orde 12 marzo 2013 |
---|
Criterio | Puntaxe | Acreditación |
1. Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro | - Polo 1º fillo/a: 8 puntos.
- Por cada un dos seguintes: 2 puntos.
| Propio centro educativo. Ata un máximo de 14 puntos. |
2. Nai, pai, titora ou titor que traballe no propio centro educativo | 3 puntos | Propio centro educativo |
3. Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dos proxenitores ou titores | - Vivenda na área de influencia: 8 puntos.
- Vivenda en área limítrofe: 4 puntos.
-- ou -- - Traballo na área de influencia: 6 puntos.
- Traballo en área limítrofe: 3 puntos.
| En caso de proximidade do comicilio; Padrón da unidade familiar con data de alta anterior ao 1 de marzo (ou título que lexitime a ocupación real da vivenda) de 2022 e consentemento na solicitude. O Domicilio familiar e fiscal debe coincidir. En caso de proximidade do lugar de traballo: Certificación da empresa contratante. Puntuarase só polo que aporte máis puntuación: domicilio familiar ou lugar de traballo. Non son acumulables. Se hai dúbidas ou situcións excepcionais, consulten co centro. |
4. Renda anual per cápita da unidade familiar de dous anos antes que o ano actual. É dicir a Renda 2021 (a que se presentou o ano pasado) | Con respecto do IPREM (Dis. Adic. 121o) - Menos de 0,5 veces (3 puntos)
- 0,5 ou menos de 0,75 veces (2 puntos)
- 0,75 ou menos de 1 vez (1 punto)
- Igual ou superior ao IPREM (0 puntos)
| Con consentemento na solicitude |
5. Condición de familia numerosa | - Familia numerosa Especial (3 puntos)
- Familia numerosa Xeral (2 puntos)
| Copia do título de familia numerosa |
5. Alumnado nado de parto múltiple. | - 2 irmáns nados de parto múltiple que se matriculen no centro (8 puntos)
- Máis de 2 irmáns nados de parto múltiple que se matriculen no centro (10 puntos)
| Documentoación acreditativa. |
6. Condición de familia monoparental | 2 puntos | Nos supostos contemplados na Orde do 21 de outubro de 2022 |
7. Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en calquera dos seus proxenitores, titores, irmás ou irmáns (igual ou superior ao 33%) | En función de quen teña a discapacidade: - Alumno solicitante (4 puntos)
- Proxenitor (3 puntos)
- Irmá ou irmán (1 punto)
| Certificación acreditativa en vigor. |
8. Condición de víctima de violencia de xénero. | 2 punto | Documentación acreditativa en vigor. |
9. Condición de víctima de terrorismo. | 2 punto | Documentación acreditativa en vigor. |
10. Criterio establecido por cada centro educativo: Outorgaráselle 1 punto a quen teña a residencia familiar ou sede de traballo dentro da Área de Influencia do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro. | 1 punto | A documentación a aportar será a que se require no apartado 3. |
*Será imprescindible entrega a documentación acreditativa para poder baremar no apartado correspondente.
Criterios de desempate (nesta mesma orde):
- Puntuación total.
- Irmáns no centro.
- Proximidade ao centro.
- Renda per cápita.
- Proxenitores traballando no centro.
- Familia numerosa.
- Alumnado nado de parto múltiple.
- Familia monoparental.
- Discapacidade.
- Condición de víctima de violencia de xénero.
- Condición de víctima de terrorismo.
- Criterio do centro educativo, se é específico.
- Este curso non haberá sorteo de letras, pola contra determinouse o número "0,70", porcentaxe do número de solicitudes a baremar que determina o primeiro por orde de preferencia e a partir do cal continuará a terse en conta o punto 14.
- Orde alfabética do nome.
- Sorteo.
Criterios de baremación dos servizos complementarios:
Criterios de selección (Instrucción conxunta 1/2024) de usuarios de transporte | Criterios de selección de usuarios de comedor escolar |
1º- Alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de infantil situado dentro da área de influencia a unha distancia igual ou superior a 2 km. (é dicir, usuario lexítimo). Terán preferencia os usuarios de transporte escolar que necesiten do comedor. 2º- Discapacidade igual ou maior a 33%. 3º- Alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de infantil situado a unha distancia inferior a 2 km e superior a 750 m. 4º- Menores de idade escolarizados en Bacharelato con domicilio a máis de 4 km e non dispoñan doutra alternativa de transporte público. 5º- Escolarizados en ESO e FP Básica con domicilio inferior a 2 km e superior a 750 metros. 6º- Alumnado escolarizado en centro distinto ao que lle corresponde, en función da distancia do domicilio. 7º- Outro alumnado en escolaridade obrigatoria doutros centros que por proximidade soliciten o transporte. 8º- Demais alumnos en escolarización non obrigatoria. 9º- Outro alumnado excepcional sen reserva de praza. Solicitude de Tarxeta Xove. Os criterios de priorización en cada un dos anteriores puntos (regulados nas NOF do centro) serán: 1º- Situación socio-económico-familiar desfavorable ou familia numerosa. 2º- Incompatibilidade de horario laboral-escolar desmostrada de ambos os dous proxenitores/titores. 3º- Menor de idade do alumnado. 4º- Maior distancia do domicilio familiar. Nota: Non facer uso regular* do servizo por causas non xustificadas, poderá supoñer a perda da condición de usuario; especialmente se existen solicitudes en listaxe de espera. * Sistemático e continuado no tempo. Non se pode considerar "uso regular" asistir ao comedor días puntuais, non semanais e carentes de frecuencia. É necesario destacar que o servizo debe ser para que o necesita. A normativa establece a perda da condición de usuario de faltar, de xeito insustificado 5 días de 30 naturais. | 1º- Usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior (é dicir, usuario de dereito) ou irmán de usuario de dereito. Salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido. 2º. Alumnado usuario lexítimo do transporte escolar. Apartado primeiro dos criterios de selección de usuarios de transporte escolar. 3º- Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación económica de exclusión social ou con discapacidade igual ou superior ao 33%. 4º- Alumnado fillo de pais e nais titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais coa saída do seu fillo ao medio día. 5º- Outro alumnado do centro. Incluídos os escolarizados voluntariamente fóra de área de influencia. 6º- Persoal docente e non docente. Os criterios de priorización en cada un dos anteriores puntos (regulados nas NOF do centro) serán: 1º- Situación socio-económico-familiar desfavorable ou familia numerosa. 2º- Menor de idade do alumnado. 3º- Maior distancia do domicilio familiar. |