Solicitude de servizos complementarios continuidade/novo acceso

Solicitude de servizos complementarios continuidade/novo acceso

 

Con motivo da actualización de listaxes de usuarios de comedor e transporte que debe realizarse preceptivamente neste mes, por se é necesaria a solicitude dunha ampliación do servizo, Rogamos que nos traian cuberto, a solicitude correspondente para o alumnado.

O alumnado que actualmente está usando o servizo levará unha copia das solicitude na súa mochila, para aqueles usuarios de nova incorporación poden descargar, cubrir e entregar a solicitude axunta ou ben solicitala na secretaría do centro.

O prazo de entrega das solicitudes será ata o 17 de xuño, para poder as realizar as tramitacións pertinentes a tempo.

 

NOTA: Lembre que a ampliación de servizos contémplase en caso de que existan "usuarios lexítimos" que queden sen praza no baremado.

 

Criterios de baremación dos servizos complementarios:

Criterios de selección (Instrucción conxunta 1/2021) de usuarios de transporte

Criterios de selección de usuarios de comedor escolar

1º- Alumnado de ensino obrigaqtorio e segundo ciclo de infantil situado dentro da área de influencia a unha distancia igual ou superior a 2 km. (é dicir, usuario lexítimo)

2º- Alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de infantil situado a unha distancia inferior a 2 km e superior a 1 km.

3º- Alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden coas áreas de influencia fixadas.

4º- Alumnado que por proximidade xeográfica solicite a utilización de liñas de transporte correspondentes a centros distintos aos que estea matriculado.

Os criterios de priorización en cada un dos anteriores puntos (regulados nas NOF do centro) serán:

1º- Alumnado con discapacidade igual ou superior a 33%.

2º- Situación socio-económico-familiar desfavorable ou familia numerosa.

3º- Incompatibilidade de horario laboral-escolar desmostrada de ambos os dous proxenitores/titores.

4º- Menor de idade do alumnado.

5º- Maior distancia do domicilio familiar.

 

 

 

Nota: Non facer uso regular* do servizo por causas non xustificadas, poderá supoñer a perda da condición de usuario; especialmente se existen solicitudes en listaxe de espera.

Os prezos do servizo variarán, en función da Renda, entre 0€ e 4,50€.

O alumnado escolarizado do centro, residente fóra da área de influencia do centro (independientemente da Renda que teña) deberá aboar 4,50€ por servizo durante o 1º curso. En cursos sucesivos terase en conta a Renda.

 * Sistemático e continuado no tempo. Non se pode considerar "uso regular" asistir ao comedor días puntuais, non semanais e carentes de frecuencia. É necesario destacar que o servizo debe ser para que o necesita.

 

1º- Usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior (é dicir, usuario de dereito) ou irmán de usuario de dereito. Salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.

2º. Alumnado usuario lexítimo do transporte escolar. Apartado primeiro dos criterios de selección de usuarios de transporte escolar.

3º- Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación económica de exclusión social ou con discapacidade igual ou superior ao 33%.

4º- Alumnado fillo de pais e nais titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais coa saída do seu fillo ao medio día.

5º- Outro alumnado do centro. Incluídos os escolarizados voluntariamente fóra de área de influencia.

6º- Persoal docente e non docente.

 

  

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Solicitude de Comedor Escolar 2022.pdf1.52 MB
Solicitude de Transporte Escolar 2022.pdf1.56 MB