Fondo Libros e Axudas para Adquisición de Material

Fondo Solidario e Axudas de Material Escolar

Publicada a ORDE do 6 e maio pola que se regura o Fondo de Libros e as Axudas para Adquisición de Material, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes dende hoxe ata o 22 de xuño de 2021.

Ao igual que en anos anteriores, a adxudicación vai en función da Renda Per Cápita da Unidade Familiar, aínda que este ano amplíanse os teito lixeriamente a 6000€ e 10000€ en cada un dos grupos.

Existen dous xeitos de presentala:

-Sede Electrónica. Deberán acceder ao procedemento ED330B da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, cubrir a solicitude e enviala.

-Presencial. Deberán imprimir a solicitude axunta a este post (ANEXO I e ANEXO II asinados), cubrila e asinala correctamente e presentar esta solicitude e, de ser o caso, a documentación que necesite axuntar neste centro educativo PREVIA CITA POR VÍA  ONLINE* ou telefónica.

NOTA: Este acurso hai pequenas variacións en canto ao que se consideran membros computables da familia e, no caso de ter que facer enmendas á documentación, deberán ser presentadas obrigatoriamente a través da Sede Electrónica.

Sede Electróncia da Xunta

Sede Electrónica da Xunta

Cita Previa
Cita Previa Online*

Lembren que aqueles que xa teñan libros pertencentes ao Fondo de Libros, deberán devolvelos na súa totalidade e en bo estado cando finalice este curso para poder recibir os vales.

*Co fin de garantir que non existan aglomeracións.

AdxuntoTamaño
Orde do 6 de maio (DOG do 20 de maio de 2021).pdf1.36 MB
Anexo I e II Fondo libros 21-22.pdf1.89 MB