blogue derominavt

Samaín 2021

Esta fin de semana celebramos o solsticio de verán e o inicio do ano celta, moi relacionado coas nosas aprendizaxes destes días.

Como o día de tódolos santos non había colexio, deixamos festexado o Samaín o venres, con disfraces e cabazas terroríficas e unha merendola que nos ofreceron as familias da ANPA.

Na imaxe veredes un pequeno vídeo de cinco anos do ben que o pasamos... aínda que o vento e a chuvia nos estropearan os traballos que tiñamos fóra :(

Grazas a Pita coñecemos os Castros de Neixón

O proxecto de biblioteca deste curso augura vivenzas moi interesantes... A primeira foi a visita aos castros de Neixón e o seu pequeno museo!!!

Comezamos o alumnado de infantil, pero iremos todas as aulas. E seguro que todas aprenden moitísimo, coma nós!!!

Suxerímosvos visita en familia. Gozamos moito moitísimo e faltounos tempo!!!

 

Pica na fotogtrafía e verás un pequeno vídeo que resume a visita

En Setembro cumple Lara

Outra nena que ten xa os 5 anos, como di a aula á que se incorporan este mes :)

Fixemos un pouco de trampa antiCovid... pero había que festexar!!!

Aniversarios do Verán

  

Día de Rosalía de Castro

Esta foi a homenaxe que creamos entre o alumnado de Educación Infantil para celebrar o día de Rosalía.

Feliz aniversario para a lingua galega, para a poesía e para a liberdade de elixir!!!

Aí vén o Nadal

O traballo coordinado ten como resultado experiencias así de bonitas: unha semana temática,

con contacontos do clube de lectura,

actividades de dinamización da lingua arredor da figura do apalpador

e visita de papá noel.

Aí v

Día da Discapacidade; ou da Diversidade; ou de que TODAS SOMOS IGUAIS

O día 3 celebramos na Cachada, convidadas pola asociación AMICOS, o día da Diversiade Funcional.

Pasámolo en grande e xuntámonos con outras persoas que, coma nós, tamén gozan xogando e aprendendo.

https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/boiro/ecg/amicos-celebro-600-escolares-dia-discapacidad/idEdicion-2019-12-04/idNoticia-1217037

Aniversarios de Novembro

Remata o mes e xuntámonos para celebrar os aniversarios das nosas compañeiras.

Parabéns a Martina, a Carmen e a Lía!

A ANPA contra a violencia

     

Esta mañá tivemos o gusto de ver a obra de Baobab teatro "Pum, pum".

Grazas á ANPA por facernos pensar en tódolos niveis do cole na importancia de respectarnos, de escoitarnos e de ser fortes para berrar.

Día da Diabete con ANEDIA

Hoxe é un día especial na nosa escola: conmemórase o día da diabete, que a partir deste curso está presente no noso día a día.

As amigas de ANEDIA trouxéronnos a Raquel Queizás e aos seus contos para axudarnos a entendela e saber actuar. E que ben o pasamos!!!

Baila Roque, baila

O alumnado de infantil fomos ao teatro coa xente dos outros coles do concello!!! Pasámolo en grande e achegámonos á realidade dos contacontos e os guiñois. Graciñas ao Concello!!!

MAGOSTO 2019

Aínda que o tempo non nolo puxo doado, o alumnado de Abanqueiro celebramos o magosto con xogos populares e con moita castaña!!!

Coma sempre, graciñas á ANPA, que nos trouxo asador e asadoras para podermos merendar. Os tizóns quedan para a próxima ;)

https://youtu.be/4-xekZUYBok

MAGOSTO 2019

Aínda que o tempo non nolo puxo doado, o alumnado de Abanqueiro celebramos o magosto con xogos populares e con moita castaña!!!

Coma sempre, graciñas á ANPA pola súa colaboración. Que aínda que non houbo tizóns, houbo asador e asadoras!!!!

SAMAÍN 2019

No colexio de Abanqueiro pecháronse portas e fiestras para recibir con anticipo ao Samaín.

Grazas á rapazada de 6º polo conxuro, ao equipo de DL pola decoración e á ANPA pola merendola, polo tempo... por todo!

Distribuir contido