Ed. Infantil.

Escola de Golf

Ademais de facer unha visita polas instalacións e unha práctica de tiro, informamos a todas as familias que nos ofrecen un mes de proba gratuita durante os sábados pola mañá. Para todos os cursos!!!

Si queredes poñervos en contacto con Diego, que nos tratou de maravilla, o seu número é o 649899499.

Escola de Golf

Practicando Golf

O pasado venres, ademais de visitar a incríble fervenza de Cadarnoxo, fomos ao campo de golf a coñecer un deporte que temos aquí ao lado.

Practicando Golf

5º PISTA DE PITA

5º PISTA DE PITA

Samaín 2021

Esta fin de semana celebramos o solsticio de verán e o inicio do ano celta, moi relacionado coas nosas aprendizaxes destes días.

Como o día de tódolos santos non había colexio, deixamos festexado o Samaín o venres, con disfraces e cabazas terroríficas e unha merendola que nos ofreceron as familias da ANPA.

Na imaxe veredes un pequeno vídeo de cinco anos do ben que o pasamos... aínda que o vento e a chuvia nos estropearan os traballos que tiñamos fóra :(

Grazas a Pita coñecemos os Castros de Neixón

O proxecto de biblioteca deste curso augura vivenzas moi interesantes... A primeira foi a visita aos castros de Neixón e o seu pequeno museo!!!

Comezamos o alumnado de infantil, pero iremos todas as aulas. E seguro que todas aprenden moitísimo, coma nós!!!

Suxerímosvos visita en familia. Gozamos moito moitísimo e faltounos tempo!!!

 

Pica na fotogtrafía e verás un pequeno vídeo que resume a visita

Día de Rosalía de Castro

Esta foi a homenaxe que creamos entre o alumnado de Educación Infantil para celebrar o día de Rosalía.

Feliz aniversario para a lingua galega, para a poesía e para a liberdade de elixir!!!

O curso chegou ao seu fin.

Este curso xa remata, un curso moi especial por moitos motivos, pero o máis especial de todos é que vós estábades presentes.

PARABÉNS SARA E SAMUEL.

Onte foi o último mércores do mes de xuño e, sabedes que tocaba facer na escola?.... SIIIIII, os aniversarios dos nosos compañeiros e compañeiras.

Polo de agora seguimos sen ir á escola, pero sen a vosa felicitación non quedades.

PARABÉNS NICOLAO, ANDREA E ELOI.

Hoxe é o último mércores do mes de maio e, sabedes que tocaba facer na escola?.... SIIIIII, os aniversarios dos nosos compañeiros e compañeiras.

O RETO DO MUSEO GETTY

O Museo Getty lanzou esta divertida proposta que lanzou ao mundo a imitar obras de Munch, Klimt, Warhol e ata Bansky.

Os nenos de infantil do CEIP de Abanqueiro tamén nos quixemos sumar e fixemos unhas recreacións tan bonitas como as que recollemos neste video.

Moitas gracias a todos os nenos e nenas, así como ás familias, por participar.

O arco da vella.

A semana pasada as mestras deixáronnos unha actividade ben chula. Pedíronnos que fixéranmos un arco da vella nun vaso!! Nun vaso!! Nós pensamos que iso non era posible, pero aínda así puxémonos mans á obra.

RECEITAS SAUDABLES

A SEMANA PASADA AS MESTRAS PROPUXÉRONNOS UNHA ACTIVIDADE MOI CHULA.

TÍÑAMOS QUE FACER UNHA RECEITA SAUDABLE DE FROITA. PERO PARA FACER ESTA RECEITA PRIMEIRO TÍÑAMOS QUE INVESTIGAR UN POUQUIÑO PARA SABER O QUE QUERÍAMOS FACER, LOGO MIRAR CALES ERAN OS INGREDIENTES QUE ÍAMOS A NECESITAR E FACER A LISTA DA COMPRA.

UNHA VEZ QUE FIXEMOS TODO ISTO PUXÉMONOS MANS Á OBRA E SAÍRONNOS UNHAS RECEITAS MOI CHULAS E, O MELLOR DE TODO SABEDES O QUE FOI, QUE ESTABAN BOÍSIMAS.

DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO DO BEN QUE O PASAMOS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS.

Na cuarentena tamén facemos deporte!!!

Xa levamos bastante tempiño nas nosas casas e, ainda que agora xa podemos saír a dar un paseo, nunca está demais facer un pouquiño de deporte nas nosas casas.

Nas semanas anteriores, as mestras de infantil, deixáronnos un vídeo moi chulo de Berena Fontela, unha mestra de educación física do CPI de Pontecesures, no que nos invitaba a facer deporte con cousas cotiás que podemos ter nas nosas casas.

Saídas á rúa.

Xa fai algunhas semanas que os nosos alumnos e as nosas alumnas poden saír a dar pequenos paseos pola rúa.

Todos o fan dunha maneira moi responsable, facendo caso sempre das indicacións dos maiores e seguindo a regra dos tres 1, unha persoa adulta, un kilómetro e unha hora ao día.

Algúns dos nosos alumnos e das nosas alumnas quixeron mandarnos unha fotografía do ben que o están a pasar nestas pequenas saídas.

Sementando

Xa hai uns días que as mestras nos deixaron o conto Aínda nada de Kalandraka, no cal o señor Luís cavaba un burato enorme na terra e plantaba unha semente. Todos os días ía mirar se a semente brotaba. Ata que un día... naceu unha fermosa flor que..., levou o paxaro!, e cando o señor Luís foi a mirar volveu a dicir AíNDA NADA!

Despois deste conto, as mestras deixáronos unha actividade ben chula, pedíronnos que nós tamén plantásemos unha semente. Se queredes ver os resultados clicade no vídeo e veredes os nosos resultados.

Distribuir contido