O curso chegou ao seu fin.

Este curso xa remata, un curso moi especial por moitos motivos, pero o máis especial de todos é que vós estábades presentes.

Parece que foi onte cando entramos pola porta da escola, algúns por primeira vez, e xa pasaron nove meses!!

Este ano foi moi diferente, pois o 12 de marzo tivemos que marchar para a casa e comezar unha nova forma de aprender e tamén de ensinar. NORABOA. Sempre estábades dispostos a aprender novas cousas e as familias sempre nos tenderon a súa man. GRAZAS, pois sabemos que non foi nada doado.

Hoxe para nós é un día de sentimentos encontrados, alegre por un lado, pois chegan as vacacións e con elas o descanso de saber o deber cumprido, e triste polo outro, pois deixaremos de vernos.

Como é un curso diferente, tamén ten que ser diferente a despedida. A verdade é que non queríamos machar do cole sen que nos puidéramos despedir todos e todas, por iso as titoras de infantil argallamos unha maneira diferente, contando sempre coa colaboración das vosas familias e claro está, tamén coa vosa participación.

Clicade no vídeo e disfrutade moito. Esperamos que vos guste.

Un bico xigante e unha aperta enorme das titoras de infantil.