Animación á lectura

Actividades do Día do Libro 2020

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Recital poético de Rosalía de Castro. Alumnado de 5º e 6º E.P.

"Airiños, airiños, aires"

"Adios, ríos; adios, fontes..."

Día de Rosalía de Castro

Esta foi a homenaxe que creamos entre o alumnado de Educación Infantil para celebrar o día de Rosalía.

Feliz aniversario para a lingua galega, para a poesía e para a liberdade de elixir!!!

Día do libro 2020: Picnic literario

Boa tarde a tod@s!

Xa temos aquí o vídeo da celebración do Día do libro. Fixémolo con todas esas fotos tan bonitas que nos enviastes dos vosos picnics literarios. Esperamos que vos guste!

Nós tamén creamos!!

Aquí vos deixamos unha curtametraxe moi divertida que ten por título: "A mellor sopa do mundo" creada polos nenos e nenas do CEIP Labarta Pose de Zas, Provincia de A Coruña. Esperamos que vos guste!

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/a-mellor-sopa-do-mundo-do-ceip-labartapose

Aí vén o Nadal

O traballo coordinado ten como resultado experiencias así de bonitas: unha semana temática,

con contacontos do clube de lectura,

actividades de dinamización da lingua arredor da figura do apalpador

e visita de papá noel.

REMO

O martes 11 de xuño, responsables do equipo de remo de Cabo de Cruz, viñeron ao noso colexio a impartir unha charla sobre o remo. Seguidamente o noso alumnado de 4º e 5º cuso de primaria, puxeron en práctica técnicas do remo.

Para ver imaxes clicade en REMO

VISITA A COTTOLENGO E CIDADE DA CULTURA

O venres, 10 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º, foi a Santiago de compostela e visitaron o Centro social Cottolengo de acollida e atención a persoas enfermas. Despois desta visita, foron á Cidade da Cultura onde viron a exposición "Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia"

A continuación, para ver as fotos da viaxe, premede no seguinte enlace: 

IMAXES VISITA

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril, Día do Libro, tivemos o pracer de contar coa presenza de Héctor Kajaraville, autor de Kusuma, un libro que o alumnado de 5º e 6º leu e traballou durante o sengundo trimestre. 

Ademais, Brais Moure, amenizounos o día coas súas máxicas historias e coa súa Ciclobiblioteca.

E para rematar, o alumnado de 5º e 6º leu contos ao resto dos compañeiros.

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Para recordar a Rosalía de Castro, o alumnado recitou o poema Adiós ríos, adiós fontes

PRESENTAMOS LAPBOOKS

O venres, despois do recreo, cada aula presentou o seu lapbook e este foi o resultado:

LAPBOOKS DE ANIMAIS

En relación co proxecto  Amosa o teu amor a..., o alumnado, por aulas, fixeron lapbooks sobre diferentes animais.

O NOSO HORTO

O mércores, día 5 de decembro, tivemos unha actividade de Mans Unidas no patio do cole, na que todo o alumnado xunto co profesorado, puido sementar e prantar no noso cachiño de horto.

Comezamos a construir, como nos dixo Carmen (a inxeñeira agrónoma) "unha pequena casa":

A NOSA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro, día das Bibliotecas escolares, o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro acudimos á biblioteca do noso centro onde visionamos un conto e un video sobre as normas da mesma. Ao final, cantamos unha canción e levamos un agasallo dun libriño - marca páxiñas para animarnos a ler percorrendo o mundo máxico dos libros.

"Con Pita viaxaremos e moitos libros leremos"

DÍA DO LIBRO 2018

O pasado xoves celebramos no noso centro o Dïa do Libro debido ás boas temperaturas prognosticadas. A actividade consistíu en formar grupos de lectura onde os alumnos e alumnas se identificaron cunha flor. 

Distribuir contido