Skip to Content

PFFPB

GALICIA SKILLS 2023

SABOREA UN BO CAPUCHINO

 Presentámosvos os pasos para a elaboración dun bo capuchino preparado polas nosas  alumnas do taller de FPB de Lavandería e cociña, Susi e Laura. Este café inclúe unha boa dose de esforzo, constancia, paciencia e ilusión que, guiadas polo seu titor Iván, ten como resultado un capuchino ben cargado de agarimo. O día 25 de outubro prepararán as súas elaboracións en Silleda, no Galicia Skills. Trátase do maior campionato de Formación Profesional! Galicia Skills reúne a un centenar de estudantes entre os que se presentarán alumnos e alumnas dos talleres de Peiteado, Lavandería e cociña así como Xardinería. Desexámoslles moitísima sorte e esperamos que gocen moitísimo a experiencia.  

Tamén queremos agradecerlle a Sky, alumna do FPB de Reprografía, a súa colaboración na gravación do vídeo.

 

PROXECTO SOLIDARIO

O alumnado de programas formativos Xardinaría B, Reprografía e Pre-FP desenvolveron este proxecto solidario, dándolle unha nova vida a obxectos reciclados que venderán nun posto este martes 6 de xuño na rúa do Príncipe de 10:00 a 13:00.

Noraboa!

DEMOSTRACIÓN DE MÁQUINAS AOS PROGRAMAS DE XARDINARÍA E VIVEIRISMO

Onte viu a empresa Makita a facer unha demostración con maquinaria eléctrica ao noso cole. 

O alumnado dos dous Programas de Xardinaría e Viveirismo asistiron á demostración e utilizaron diferentes máquinas.

Ollade. 

PFFPB LAVANDARÍA: SAN VALENTÍN 2023

 O taller de lavandaría encargouse de facer unhas riquísimas galletas de San Valentín, e así as fixeron.

Premede na imaxe e ollade!

 

DÍA DA RADIO CON PONTE NAS ONDAS

Hoxe algúns dos nosos alumnos e alumnas participaron nunha xornada organizada pola asociación Ponte... Nas Ondas! para celebrar o Día da Radio.

Premendo na imaxe poderedes acceder ao vídeo compartido pola RTVEGalicia a través da plataforma Twitter.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut