Skip to Content

2022-23

CLAUSURA FP DUAL

Este ano no centro volvéronse a poñer en marcha as prácticas de FP Dual para o alumnado dos Programas Formativos de Lavandería e Xardinaría.

Así Nisi fixo as prácticas con Alfonso Salomón, Mila en Delikia e Adrián en Acciona.
A experiencia resultou moi enriquecedora para o alumnado, que traballou a xornada completa recibindo o salario que lles correspondía, e tamén para as empresas.
Na xornada de clausura contamos coa presenza de César Pérez Ares, xefe territorial da Consellería de Educación, que quixo agradecerlle ás empresas a súa disposición a colaborar co centro e a boa acollida que todos os traballadores das mesmas lle deron ao alumnado.
Seguiremos nesta liña, intentando combinar a formación e o emprego.
 
 
 

FESTA DA AUGA

Non hai nada mellor que comezar o verán coa festa da auga. Pasámolo xenial!! Ollade o vídeo!

EXCURSIÓN "LA JUNGLA"

O alumnado de primaria e secundaria do Saladino foron de excursión de fin de curso ao parque de bólas "La jungla" . Alí gastaron toda a súa enerxía saltando, correndo, xogando e tirándose polos tobogáns. Preme no vídeo!!

 

PRIMAVERA MULTISENSORIAL

 Os rapaces de primaria, secundaria e tránsito participaron nun taller cheo de olores, sabores e texturas. Un pracer para os sentidos. Non perdas o vídeo!!!!

QUÉ É O QUE MÁIS CHE GUSTA DO SALADINO?

Remata outro curso no cole e para deixar un bo recordo, o alumnado de primaria, secundaria e TVA decidiron contarnos qué é o que máis lle gusta do noso cole. Elixiron entre moitas das actividades que desenvolvemos cada curso. 

Queredes saber qué elixiron? Ollade! 

XIII XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO

Aquí vos deixamos un anaquiño da obra infantil e xuvenil "O cociñeiro Martiño" do grupo de teatro do ciclo de Tránsito á Vida Adulta, que representaron no auditorio do Concello de Vigo no mes de maio e que puidemos desfrutar os compañeiros/as do ciclo de TVA e secundaria. Esperamos que vos guste. 

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES

A semana pasada algúns alumnos e alumnas de TVA e PFFPB foron de excursión ás Illas Cíes polo premio que gañaron por participar co vídeo no Concurso Illas Cíes: Paraíso de Todos.

Fixeron unha pequena andaina, merendaron e desfrutaron da praia, xogando e pasándoo xenial.

MARÍA FUMAÇA NO CEE SALADINO CORTIZO

A semana pasada recibimos unha visita moi especial do grupo María Fumaça, estreitamente vinculado cun dos alumnos do noso centro, que quixeron compartir con nós a maxia da música en galego e puxeron toda a súa enerxía para facernos bailar e que o pasáramos xenial.

Grazas pola alegría e o bo rato!

"MÚSICA A FLOR DE PEL" NO SALADINO CORTIZO

O xoves pasado o noso centro participou no programa "Música a flor de pel", iniciado por Afundación, na que desfrutamos dunha actuación de Pedro Campos na que o noso alumnado participou na actuación tocando instrumentos e cantando, experimentaron coa percusión e bailaron un montón! Moitas grazas por esta experiencia.

Preme no vídeo para ver a sesión.

 

      

LA JUNGLA

O pasado venres, os alumnos e alumnas de TVA pasaron unha mañá moi divertida en "La Jungla". Desfrutaron nas camas elásticas, nos inchables, no parque de bólas, na pista deportiva, na zona de Jumping... No seguinte vídeo podedes ver unha mostra.  

Distribuir contido


by Dr. Radut