Skip to Content

2021-22

QUÉ FOI O QUE MÁIS CHE GUSTOU DESTE CURSO 21-22 NO SALADINO?

Este curso 21-22 foi do mellor! Voltamos un pouco máis á normalidade, recuperamos moitas actividades, fixemos festas, traballamos un montón, pero...

Qué foi o que máis lles gustou ao noso alumnado?

Isto mesmo quixemos descubrir e decidimos compartir con vós as súas respostas. Así que pinchade na imaxe e desfrutade do vídeo.

Pero sobre todo, felices vacacións! Grazas por outro ano marabilloso xuntos/as :)

MAIOS 2022

O 27 de maio celebramos no centro "Os Maios". Cada ciclo colaborou creando o seu propio maio para logo expoñelo na entrada. A festa gustounos moitísimo, como poderedes ver no vídeo premendo na imaxe!

ACTIVIDADES CON MOITO RITMO

Onte o alumnado de Secundaria, Tránsito á Vida Adulta e dos Programas Formativos participaron nunha actuación musical protagonizada pola "Fundación Igual Arte", quen nos fixo bailar, tocar as palmas e pasalo xenial!

Gracias especialmente a Igual Arte e, por suposto, ao noso alumnado, pola vosa colaboración e participación.

Premede na imaxe e ollade :)

PREMIO NO IV CONCURSO DE PODCASTS-RADIO NA BIBLIO

Os alumnos e alumnas de TVA sur participaron neste concurso lendo o poema “Domadora de serpes” de Florencio Delgado Gurriarán, o escritor homenaxeado este ano no día das Letras galegas. A melodía da entrada do podcast é a cabecilla da emisora da radio do centro. A música que acompaña a poesía foi creada polo alumnado no clase de música. 

Parabéns polo premio!!!!!

Preme nas imaxes para oír o podcast

 

XII Xornadas Municipais de Teatro Escolar

O grupo de teatro do colexio participou nestas xornadas coa súa actuación: "Got Talent Saladino". Os alumnos e alumnas fixérono moi ben e pasaron un rato divertido!!!

Preme na imaxe para ver algunhas fotos e o vídeo da actuación:

Preme nesta outra imaxe para ver máis fotos:

 

 

SECUNDARIA NO TALLER DE RADIO PONTE...NAS ONDAS!

Esta semana, como xa puidéchedes ver o CEE Saladino Cortizo participou nunha actividade do máis interesante. Os rapaces de Secundaria fixeron a súa aportación no obradoro de radio organizado pola biblio do centro falando de temas como o deporte, a música, o cine e a literatura... temas de interese para o noso alumnado e dos que coñecen moitísimo!

Non volo perdades e ollade :)

#RadioTartaruga

PRIMARIA NO TALLER DE RADIO PONTE...NAS ONDAS!

O 10 de maio visitáronnos Gerardo e Damián, da asociación Ponte... nas Ondas! para impartirnos un obradoiro de radio no que participou todo o centro, e o Ciclo de Primaria encargouse de facer a presentación. Nas fotos vemos a Álex e Antón, os representantes do noso Ciclo, feitos uns auténticos locutores de radio. Pronto poderedes ver as aportacións dos demais ciclos e axiña escoitar o noso programa. Así que non esquezades ter a radio do Saladino Cortizo no voso dial. ;)

Primaria no obradoiro de radio 2022

 

O COELLIÑO BRANCO

O alumnado de TVA Norte representou o conto "O coelliño branco" para o curso de Educación Responsable.

  

ENTROIDO 2022... AO RITMO DA MÚSICA!

Qué bonito é o entroido e como nos gusta... dende os máis cativos aos maiores desfrutárono moitísimo! Seguimos as ordes do meco e coa música a todo volume...

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

8 M. DÍA DA MULLER

 

FALAMOS DE DIFERENTES MULLERES A TRAVÉS DE DIFERENTES TIPOS DE COMUNICACIÓN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut