Skip to Content

2016-17

METEODIVERSIDADE E MÁIS

Dando continuidade a Proxecto iniciado a curso anterior fomos un pouco máis aló, con novas actividades, incluíndo novo alumnado e novo profesorado, máis recursos, maior creatividade, máis actividades… Este proxecto axudounos a APRENDER DE MANEIRA DIFERENTE.

Aqui vos ensinamos algunhas das actividades que fixemos. Esperamos que vos gusten.

EXCURSIÓN A CÍES

Esta semana o alumnado de 2ºE e 2ºF e FPB de xardinería e reprografia que participaran no concurso II Concurso de Postais Naviera Nabia foron de excursión ás Illas Cíes a disfrutar do premio gañado por un dos alumnos de 2º ciclo. Noraboa ao gañador e a todos por participar! Qué ben o pasaron!

 

EXCURSIÓN A VITRASA

A semana pasada os alumnos/as de 2º ciclo visitaron as instalación da empresa Vitrasa. Montamos en diferentes tipos de autobuses e ata pasaron polo túnel de lavado!

ARTE

Os corredores do noso cole estanse enchendo de arte por todos lados. No corredor verde, da man do alumnado de segundo ciclo, atopamos estes pedazo de cadros que non teñen nada que envexar aos orixinais:

 

 
 

Tamén queremos destacar o traballo con cómics que fixeron os nosos alumnos e alumnas de FPB, que podedes ver neste enlace do blogue da nosa Biblioteca:
 
 

TEATRO

O 4 de maio a Compañía de Teatro do Saladino estreou no Concello a súa obra de teatro "A casa da mosca chosca".

Nesta primeira montaxe podedes ver o conto no que se baseou a obra, un traballo en LSE e pictos no que participou noso alumno Pedro, e unhas fotiños dos ensaios.

 

 

 
 
E aquí vai un resumo das mellores esceas, no estreo, cos nosos artistas:

 
 

SENDA DO RÍO EIFONSO

O pasado mes de abril os alumnos/as de 2º ciclo e TVA fixemos a ruta do río Eifonso, seguimos os sinais e pasámolo moi ben!

XOGANDO AOS BIRLOS

O pasado 3 de abril o alumnado de TVA fomos, como xa temos feito outros cursos, ao centro á Boleira do Areal para botar unha partida aos birlos. Velaquí algunhas fotos:

 

COÑECENDO A JOAN MIRÓ

Como xa sabedes o tema central de este ano no centro é a arte. Os alumnos/as do segundo ciclo fixeron un fantástico traballo sobre a vida e obra de Joán Miró. ¡Sodes uns artistas!

 

SAÍDA AO CONCELLO DE VIGO

A semana pasada o alumnado de segundo ciclo e de TVA foi coñecer o Concello de Vigo. Visitamos no soto do edificio a ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA que ten moita relación co proxecto xeral de centro que temos este curso "A Arte". Velaquí unhas fotiños:

ENTROIDO

Este curso o tema central que traballamos no cole é o da ARTE así que o Entroido estivo rodeado de: pintores do 1º ciclo que pintaron unhas máscaras de Maruja Mallo, mimos de 2º ciclo que baillaron a ritmo electro latino unha coreografía de zumba, actores e actrices de TVA que interpretaron a curtametraxe "O roubo do ovo de Fabergè no Museo Reina Sofía" e de arlequíns de FPB que bailaron unha samba.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut