CONTO MUSICALIZADO DE TVA SUR
Enviado por admin o Xov, 06/23/2022 - 15:34SECUNDARIA: TERCEIRO E ÚLTIMO TRIMESTRE EN PETISCOS
Enviado por admin o Mér, 06/22/2022 - 10:02QUÉ FOI O QUE MÁIS CHE GUSTOU DESTE CURSO 21-22 NO SALADINO?
Enviado por admin o Mar, 06/21/2022 - 15:26Este curso 21-22 foi do mellor! Voltamos un pouco máis á normalidade, recuperamos moitas actividades, fixemos festas, traballamos un montón, pero...
Qué foi o que máis lles gustou ao noso alumnado?
Isto mesmo quixemos descubrir e decidimos compartir con vós as súas respostas. Así que pinchade na imaxe e desfrutade do vídeo.
Pero sobre todo, felices vacacións! Grazas por outro ano marabilloso xuntos/as :)
Primaria visita o Zoo
Enviado por admin o Mar, 06/21/2022 - 02:41Chega o verán, a puntiño están de comezar as vacacións, e para despedirnos ata o ano que ven nada mellor que unha excursión.
Así que antes de rematar este curso 2021-2022 aproveitamos para facerlle unha visita ao zoo da nosa cidade, para poder ver a eses animais que agardamos pronto se atopen onde realmente lles corresponde, e a moitos outros que seguiran con nos cando a Madroa se convirta nun gran parque de ocio familiar, conservación medioambiental e recate da fauna
Aquí vos deixamos unha montaxe con fotos da excursión onde poderedes comprobar as expresións de felicidade e emoción do alumnado ao atoparse cos nosos amigos os animais. So tedes que facer click na imaxeAgardamos que teñades un bo verán cargadiño de excursións e experiencias tan emocionantes coma esta.
FELICES VACACIÓNS!!!
MAIOS 2022
Enviado por admin o Lun, 06/06/2022 - 11:08PARQUE DE BOMBEIROS
Enviado por admin o Sáb, 05/28/2022 - 07:41O alumnado de TVA visitou o Parque de Bombeiros de Teis. Todos puideron ver as instalacións e os camións, usar a mangueira, probar o casco e a cazadora como auténticos bombeiros...
A continuación deixamos un vídeo do alumnado de TVA sur.
ACTIVIDADES CON MOITO RITMO
Enviado por admin o Mar, 05/24/2022 - 15:00Onte o alumnado de Secundaria, Tránsito á Vida Adulta e dos Programas Formativos participaron nunha actuación musical protagonizada pola "Fundación Igual Arte", quen nos fixo bailar, tocar as palmas e pasalo xenial!
Gracias especialmente a Igual Arte e, por suposto, ao noso alumnado, pola vosa colaboración e participación.
Pinchade na imaxe e ollade :)
PREMIO NO IV CONCURSO DE PODCASTS-RADIO NA BIBLIO
Enviado por admin o Sáb, 05/21/2022 - 12:54Os alumnos e alumnas de TVA sur participaron neste concurso lendo o poema “Domadora de serpes” de Florencio Delgado Gurriarán, o escritor homenaxeado este ano no día das Letras galegas. A melodía da entrada do podcast é a cabecilla da emisora da radio do centro. A música que acompaña a poesía foi creada polo alumnado no clase de música.
Parabéns polo premio!!!!!
Preme nas imaxes para oír o podcast
XII Xornadas Municipais de Teatro Escolar
Enviado por admin o Sáb, 05/21/2022 - 11:55O grupo de teatro do colexio participou nestas xornadas coa súa actuación: "Got Talent Saladino". Os alumnos e alumnas fixérono moi ben e pasaron un rato divertido!!!
Preme na imaxe para ver algunhas fotos e o vídeo da actuación:
Preme nesta outra imaxe para ver máis fotos:
