Título node Learning object
Ficha técnica
1. Institucións das que depende:
- Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
- S.X. para o Deporte
- Fundación Deporte Galego
- S.X. para o Deporte
2. Ámbito: Saúde e benestar
3. Presentación do programa: O programa consiste en deseñar, executar e avaliar un proxecto relacionado cos hábitos de vida activa e saudable, buscando o incremento diario de actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, e a medición do impacto que ten este incremento da carga de actividade física realizada na saúde dos escolares.
4. Alumnado ao que vai dirixido o programa: Alumnado de Educación infantil, Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos, Ensinanzas de persoas adultas, Educación especial e Ensinanzas de réxime especial.
5. Participación:
- Límite de centros participantes: Sen limite
- Límite de docentes participantes por centro: Sen limite
- Limite de alumnado participante por centro: Sen limite
6. Criterios de selección: Formalización da solicitude e calidade do proxecto presentado
7. Persoas responsables:
Nome: Miguel Rodríguez Del Corral / Ivan Clavel San Emeterio
Departamento / Servizo: FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO
Teléfono: 881996376
Correo electrónico: pvad@xunta.gal
8. Obxectivos do programa: Loitar contra a inactividade física e o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.
9. Palabras clave: Inactividade física, sedentarismo, condición física e saúde, vida activa, deporte e promoción da saúde.
10. Metodoloxía e temporización: O programa pretende axudar os centros docentes a elaborar o seu Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do hoario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.
Para o desenvolvemento dos PVAD, os centros teñen dúas posibilidades:
-
Deseñar, executar e avaliar o seu PVAD de forma autónoma, con ferramentas propias.
-
Deseñar, executar, avaliar o seu PVDA apoiándose nas diferentes modalidades que ofrece o programa, a maiores doutras actividades propias:
Plataforma de valoración da condición física saudable DAFIS.
Mais e Mellor Actividade Física.
Movete+
XOGADE
Milla diaria.
Camiña/ en bici a escola.
11. Actividades e recursos ofertado:
- Recursos materiais: guías didácticas e contidos en pdf
- Obradoiros: non se contemplan
- Saídas: non se contemplan
- Webs de referencia: dafis.xunta.es
- Concursos / Premios: non se contemplan
- Formación: DAFIS (curso específico obrigatorio).
12. Orzamento: non se contempla
13. Produto final: memoria técnica propia
14. Criterios de avaliación:
Criterios xerais do Plan Proxecta+:
- Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
- Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
- 3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
Criterios xerais do programa:
- Grao de motivación e sensibilización do alumnado pola incorporación de hábitos de vida activa e consumo de actividade física e exercicio físico no seu día a día (realización de enquisas de satisfacción, enquisas de hábitos de vida activa etc.).
- Número de actividades realizadas en cada ámbito de intervención, para a promoción dunha vida activa, deportiva e saudable.
- Calidade e grao de desenvolvemento de actividades dentro do horario lectivo e non lectivo dos/as alumnos/as para a promoción de adquisición de hábitos de vida activa e saudable, incrementando a carga diaria de actividade física (en función da modalidade escollida).
