Skip to Content

Educación Física

CLUB DEPORTIVO SALADINO

O CLUB DEPORTIVO SALADINO CORTIZO REMATA A TEMPADA DEPORTIVA 2023

Coa celebración das III xornadas da liga de baloncesto, fútbol sala e fútbol 8 finaliza a tempada 2023.
Durante este trimestre disputouse a III e derradeiras xornadas das ligas deportivas nas que está a participara o Club Deportivo Saladino Cortizo. Como ven sendo habitual, o club deportivo do centro participa cada ano nas actividades deportivas organizadas pola FGDA. Ademais das ligas de baloncesto, fútbol sala e fútbol 8, tamén participamos en xornadas puntuais ou campionatos como atletismo, cros ou natación.
Este ano participamos con dous equipos na categoría adaptada mixta cun total de 22 deportistas, onde o importante, ademais de pasalo ben e compartir momentos con outros compañeiros, é o fomento da practica de actividade física e hábitos saudables.
Destacar a vitoria do equipo A na liga de baloncesto na categoría de adaptada mixta.
Moitos parabéns para todos/as eles/elas.

 

MES DA ACTIVIDADE FÍSICA

Como cada ano, participamos no programa INCLÚE-T, sempre con novidades. Este ano os especialistas de Educación Física, tamén coñecidos como SaladinaWoman e SaladinoMan, organizaron "O mes da actividade física", levando a cabo diferentes actividades durante os meses de maio e xuño para que o alumnado de todo o centro mova o esqueleto ao tempo que se divirten. Ademais, prepararon un carné no que cada alumno/a foi poñendo un gomet de satisfacción a medida que participaron nas actividades e que levaron para casa. Grazas por organizar estas xornadas tan divertidas!

Distribuir contido


by Dr. Radut